Hugo de Vries
No primeiro apartado do tema de xenética atopamos os nomes dunha serie de personalidades cuxas apartacións foron primordiais para que podamos entender hoxe en día todo o relacionado cos xenes. Algúns destes nomes son o de Mendel, Correns e Tschermak…etc. Pero neste post vou centrarme no traballo de Hugo de Vries.
Hugo Marie de Vries, de orixe holandesa, mostrou sempre un grande interese pola botánica. Doctorouse na Universidade de Leiden e anos despois foi nombrado catedrático na Universidades de Amsterdam. Alí continuou investigando a fisioloxía das células vexetais. De Vries estudiou a xerminación e o crecemento das plantas, así coma os movementos das trepadoras e todo tipo de aspectos da fisioloxía vexetal. Durante as súas investigacións, os experimentos de De Vries levárono a redescubrir as famosas leis de Mendel sobre a herdanza xenética. Sen embargo, outorgoulle os méritos a este (Mendel) polo seu traballo pero continuou investigando seguindo o seu propio concepto. Á diferencia da lei de Mendel, a de De Vires tiña como unidades as panxénes, que outorgaban resgos xenéticos mais xenerais á súa descendencia. Mediante este estudio, Hugo de Vries empregou o concepto de mutación para referirse aos cambios que experimentaban as especies vexetais durante a súa evolución. O motivo polo que directamente os consideraba mutación, era porque a carga xenética que outorgaban os proxenitores ao descendente era tan grante que podía cambiar de especie dunha xeración á seguinte. Tratábase dunha gran variación.
A nova teoría de Hugo De Vries supuña unha alternativa á selección natural de Darwin, xa que según el, as especies evolucionaban dunha xeración a outra sen necesidade de haber unha transición entre unha especie e outra, como defendía Darwin. Posteriormente a súa teoría sería considerada errónea pero resultou, igualmente, de gran importancia neste área.
Hugo De Vires morreu no ano 1935 en Amsterdam.
Fontes:
EcuRed (Enciclopedia virtual cubana)
Biografías y Vidas (Colección de milleiros de biografías)
MCN Biografías (Web sobre biografías)
Entrada elaborada no curso 12-13 por Fernando Areal Alvite
Tags: Biografía, hugo de vries, Xenética