A xenética.

Podemos definir a xenética como  o estudo xenético de cómo se transmiten os carácteres físicos, bioquímicos e de comportamento de pais a fillos. Este termo foi acuñado no ano 1906 polo biólogo Willian Bateson.

Os xenetistas estudan os mecanismos hereditarios nos organismos que se reproducen de forma sexual e teñen semellanzas , diferenzas  e similitudes entre pais e fillos.

A ciencia da xenética naceu no ano 1900 de mans de varios investigadores que estudaban a reprodución das plantas. Un deles e o meu parecer un dos máis importantes é Mendel. El traballou cos planta do guisante é describiu o patrón de herencia en función de sete pares de rasgos contrastantes que aparecían en sete variedades diferentes de esta planta. Observou que os carácteres herdábanse como unidades separadas e , que cada unha delas o facía de forma independente.

 imagen

Pouco despois do descubrimento de Mendel os científicos déronse de conta de que os patróns hereditarios que el describira eran comparables a acción dos cromosomas.Os cromosomas soen ser de diferente tamaño e soen vir en parellas. Os membros de cada parella se lle chaman cromosomas homólogos teñen un parecido entre si.  A maioría das células do corpo do ser humano esta formado por 23 cromosomas.

Os órganos superiores que se reproducen de forma sexual fórmanse a partir da unión de dúas células sexuais as que se lle chaman gametos.

Dende fai tempo sábese que os cromosomas están formados por dous tipos de substancias químicas que son as proteínas e os ácidos nucleicos. Sen embargo no ano 1944 , demostrouse que o ácido desoxirribonucleico (ADN) era o que desempeñaba esta función. Naquela época sabíase que o ADN estaba formado por substancias denominadas nucleótidos e cada nucleótido a súa vez estaba formado por catro bases nitroxenadas: Adenina , Guanina , Citosina  e Tinina .

HERENCIA HUMANA:

A maioría das características físicas humanas están influídas por múltiples variables xenéticas . Algunhas como a talla teñen un compoñente xenético mentres que outras como o peso teñen un compoñente ambiental.

 imagen

Moitas enfermidades teñen un compoñente xenético moi importante . Moitas enfermidades están orixinadas por xenes recesivos  e outras por xenes dominantes . (Enfermidades xenéticas)

O Proxecto xenoma humano iniciouse no ano 1990 para poder establecer o xenoma humano completo  e descubriuse por exemplo que o xenoma humano contén, sorprendentemente , menos de 30.000 xenes e non os 100.000 que se pensaba , e as diferenzas que se presentan con outras especies é menor da esperada.

 Imagenes:

Sagadas de google:Páxina dun profesor da Universidade mexicana de Sonora

Información de : http://www.profesorenlinea.cl/Ciencias/Herencia_y_genetica.html

Entrada elaborada no curso 12-13 por Eva María García González

 

Tags: ,