Bioética Animal.
Na maior parte das veces, cando pensamos na bioética non pensamos na parte que lles toca sufrir ós animais, se non na parte que sofren as persoas. Pero, como lles afecta isto ós animais? Con isto entramos nun tema no que non todo o mundo pensa igual, hai diferentes posicions sobre os dereitos que teñen os animais.
Moitos pensan que non teñen dereitos e que podemos facer o que queiramos con eles, dende matalos, experimentar con eles, torturalos ou sacalos do seu medio natural.
Eles están aqui igual ca nos, teñen dereito a vivir sen que nos interferamos de foma negativa nas súas vidas.
A utilización dos animais para atopar curas, vacinas e diversos experimentos que na maioría dos casos son torturas para eles, lévanos a un punto ético da bioloxía.
Está ben iso?
Experimentar en animais está prohibido en moitos lugares, pero isto non quere dicir que non se siga facendo. Podemos pensar que se experimentando neles podemos curarnos, por qué non facelo? Pero tamén é verdade que eles non reaccionan as cousas igual ca nos, son corpos diferentes, vivos, pero diferentes.
Realizanse experimentacións con animais basicamente na docencia, na industria e na investigación.
Agora, nós debemos plantearnos se isto está ben, se é ético e moral. Debemos pensar se debemos lucrarnos dos animais o noso antollo.
Información ampliada sobre os dereitos dos animais e as polémica das experimentacións en:
¿Es útil la experimentación con animales?
Entrada elaborada no curso 12-13 por Laura Guerrero Gómez
Tags: animais, Bioética, experimentación