Patentes saúdables?

 O principal obxecto de estudio da xenética son os xenes, formados por segmentos de ADN e ARN.O ADN é un tipo de ácido nucleico, unha macromolécula que forma parte de todas as células e que contén a información xenética usada no desenrolo e o funcionamento dos organismos sendo o responsable da súa transmisión hereditaria.

Un xene é o conxunto dunha secuencia determinada de nucleótidos dun dos lados da escaleira do cromosoma referido. Esta secuencia pode chegar a formar proteínas, ou serán desprezadas dependendo do programa asinado para a célula que aporte os cromosomas.imagen

Estes xenes dende fai unhas décadas están sendo empregados polas comisións científicas, así como polas grandes farmacéuticas para coñecer a cura dalgunhas enfermidades, sen embargo, este proceso que parecía bastante claro na actualidade estase tornando un tanto escuro, pois para facilitar a financiación de investigacións para curalas ou incluso prevelas, están sendo patentados, non sendo así a primeira vez que estas empresas antepoñen os seus propios intereses ante os da sociedade.

Sendo isto incluso avalado pola Oficina Española de Patentes y Marcas quen a comezos deste ano acolleuse as directrices da Oficina Europea de Patentes sobre a propiedade intelectual en materia biotecnolóxia especifica qué se podía rexistrar.Así a Oficina Española de Patentes e Marcas entende que son patentables xenes e moléculas de ácidos nucleicos, proteínas encimas, anticorpos, virus, células, microorganismos ou animais doantes para la xenotransplantación. Pero no valía con saber a secuencia xenética, pois é necesario coñecer tamén a súa función, ao igual que tampouco se pode patentar algunhas prantas ou animais, embrións humanos, esperma u ovocitos e híbridos de humanos e animais.

Un exemplo a nivel mundial disto atopámolo na compañía Myriad Genetics quen, coa axuda da Universidade de Utah, descubriu fai uns que o BRCA1 e o BRCA2  son os xenes máis relacionados co desenvolvemento de tumores de mama hereditarios, de tal xeito que as mulleres con copias defectuosas nun ou noutro xene teñen un risco do 60% de ter unha multiplicación ou crecemento anormal das células do peito o longo da súa vida (fronte o 12-13% do resto da poboación feminina) No caso do cancro de ovario o porcentaxe é dun 20%.

Esta compañía deu un grande avance no camiño a investigación sobre a cura do cancro, máis no momento cando reclamou a propiedade intelectual sobre estes xenes, reservou todos os dereitos sobre os mesmos, secuencias de copias mutadas e o seu emprego en diagnósticos e pronóstico de cáncer de mama e ovario, ademais de terapias e medicamentos. Grazas a iso ten a licenza exclusiva da comercialización en Estados Unidos do test que serve para identificar as altercións nos xenes e o problema reside en que a información estará gardada baixo chave e prohibe  a outras empresas investigar sobre o tema, provocando un inmenso retraso na investigación da enfermidade.

Para combatir esta práctica, a Fundación Patentes Públicas y la Unión Estadounidense polas Libertades Civiles presentaron una demanda contra esta exclusividade por considerala inválida e inconstitucional.

Estamos nun duro momento económico no cal é impensable que os estados poidan financiar estas investigación sen necesidade de que exista rivalidade entre as diferentes empresas. Na miña opinión, unha persoa debe dedicarse a un oficio non pola recompensa económica que vai ter, senón porque lle gusta o que fai, en no caso de algúns farmacéuticos, penso que non buscan un mundo sen enfermidades, pois é certo que algúns medicamentos empeoran a enfermidade a longo prazo, e, por suposto cerrando as comunicación entre as empresas, mediante os secretos industriais e as patentes tamén o empeoran, pero por desgraza, isto estendese na actualidade en case todos os ámbitos profesionais.

 Curiosidades

 http://www.actionbioscience.org/esp/genomica/crg.html

http://www.levante-emv.com/ciencia-salud/2009/03/25/dilema-patentes-geneticas-impulso-investigacion-o-monopolio/570748.html

http://partido-pirata.blogspot.com.es/2010/02/patentar-la-vida-michael-crichton.html

http://www.vanguardia.com.mx/investigadoresencuentrancuraparaelcancerperonoesnegocioparafarmaceuticasyquizanuncavealaluz-724971.html

Fontes

 http://publimetro.pe/actualidad/13042/noticia-eeuu-suprema-corte-se-pregunta-si-adn-puede-patentado

http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/002371.htm

http://www.oepm.es/es/propiedad_industrial/preguntas_frecuentes/FaqInvenciones21.html

http://elpais.com/diario/2011/03/31/sociedad/1301522401_850215.html

Entrada elaborada no curso 12-13 por David Piñeiro López

 

Tags: , , ,