De pel á neurona?

Unha neurona é un tipo de célula do sistema nervioso especializada na recepción de estímulos e condución dos impulsos nerviosos entre elas e outros tipos celulares, como poden ser as fibras musculares ou a placa motora, a altísimas velocidades, chegando incluso ata os 120 m/s.

imagen

No entanto, é coñecido por todos que a partir dos 30 años comezamos a perder diariamente en torno a unhas 100.000 neuronas, o que, se o engadimos  a súa dificultade para reproducirse, e a hábitos como o alcoholismo ou o tabaquismo fan que esta cifra se eleve considerablemente.

Ata fai escasas semanas a única fórmula, para paliar o seu descenso  era a través de las células nai empregando complexos mecanismos consistentes nunha desprogramación das células de partida levándoas a un estado similar ao das embrionarias e a través de IPS,  sen embargo un gran descubrimento esta facilitando moito as cousas a pacientes con enfermidades relacionadas con neuropatías, como podería ser o Alzheimer, o Parkinson, ou incluso a efermidade de Huntington.

Así, a plasticidade celular deu un novo paso coa posibilidade de transformar células de pel de adultos en precursores neuronais a través de unha transformación directa, non a través de células nai, que se basea na extracción de células da pel, que se cultivan xunto cun virus, o cal as modifica  ata formar precursores neuronais.

En concreto o virus que se emprega é encargado das gripes, coñecido como Sendai, pola elite científica, bastando con incubalo durante unhas 24 horas para que o modifique. No entanto este proceso pese a ser directo non termina aquí, pois a continuación é preciso eliminar o axente patóxeno o que, a pesar de que nun primeiro momento podríamos pensar que é moi complicado, o certo e que é bastante doado, consistindo o proceso simplemente en quentar o cultivo, de maneira análoga que o fai o noso organismo cando intenta curarse dun catarro.

A parte da sinxeleza do mecanismo este virus esta dotado doutra vantaxe, pois, este non integra o seu material xenético no das novas células, polo que unha vez eliminado non queda pegada algunha da súa presenza. Ademais, as células obtidas pódense diferenciar en varios tipos, pero todas elas do sistema nervioso: astrocitos e oligodendrocitos, e, por suposto, as xa mencionadas neuronas.

Outra gran vantaxa deste mecanismo, e que se poden evitar riscos como a xeración de tumores, o cal era moi elevado o empregar células nai, das cales se comezou a falar non fai nin uns 10 anos como as únicas que poderían converterse en calquera tipo de tecido, o que claramente na actualidade foi desvirtuado polas células da nosa pel.

O experimento citado con anterioridade empregouse en dous xenes e un micro ARN (pequenas hebras de material xenético que regulan case todos os procesos en cada célula do corpo) para converter unha mostra de pel dunha muller de 55 años directamente nas células do cerebro. Compre indicar que as células da pel de recen nados, e de xente nova a pesar de que tamén se poden converter en neuronas non transmiten os impulsos eléctricos, polo que so serían viables as de persoas adultas. Así mesmo dicir, que o uso de micro ARN para reprogramar as células é unha maneira máis segura e máis eficiente  que a manipulación dos xenes.

Por último, temos que terminar indicando unha pega a este sistema, pois este cambio (de pel a neurona) podería non ser xeneralizado, como si o son as transformacións a través de células nai embrionarias e das IPS, pois a pesar de que en ratos funciona nun 56% dos casos , en humanos, polo de agora, tan so prosperou entorno a un 2 e un 4% dos casos.

En calquera caso, este descubrimento abriu unha nova posibilidade, sempre co mesmo obxectivo: a curto prazo, dispor de tecidos para investigar enfermidades ou fármacos. Ao longo, xerar tecidos e órganos para transplantes, e o que está claro e que, pel e neuronas comparten unha base embrionaria que quizais poderían facilitar esta transformación.

Curiosidades:

Fontes:

www.lr21.com.uy/tecnologia/1103492-logran-convertir-la-piel-en-neuronas-sin-pasar-por-la-fase-de-celulas-madre 

http://esclerodiario.blogspot.com.es/2013/05/trasformada-piel-en-neuronas-sin-pasar.html 

http://www.chismesmundo.com/convierten-directamente-las-celulas-de-la-piel-en-neuronas/

http://www.webconsultas.com/salud-al-dia/parkinson/convierten-celulas-de-piel-humana-en-celulas-cerebrales-4536 

Entrada elaborada no curso 12-13 por David Piñeiro López

 

 

Tags: , ,