Preguiza xenética.
Según un estudo estadounidense o factor que nos fai ser mais activos ou mais preguiceiros podería ser xenético. Ben é certo que o estilo de vida das sociedades modernas predispóñennos a ser sedentarios: collemos o coche para todo e usamos a televisión e outros medios estáticos como fonte principal de ocio. Non obstante, a preguiza podería non ter a súa orixe so nas condición sociais senón tamén na xenética.
Na Universidade de Missouri realizouse un estudo no cal meteron ratas en gaiolas con rodas xiratorias e mediron o tempo que cada unha delas dedicou a correr na roda voluntariamente durante seis días. Feito isto escolleron e cruzaron 26 exemplares das ratas que mais correron e o mesmo fixeron coas que menos correron. Este proceso repetiuse durante 10 xeracións e puideron comprobar que a liña de ratas corredoras corrían de maneira voluntaria 10 veces mais que a liña de ratas preguiceiras.
Tras estudalas conseguiron atopar importantes diferenzas xenéticas entre as dúas liñas de ratas .
Dos mais de 17000 distintos presentes nunha parte do cerebro, 36 xenes poden desempeñar un papel na predisposición para estar motivados a actividade física.
Isto podería ser un gran avance xa que dende o meu punto de vista axudará a tratar a obesidade xa que se seguen investigando poderían chegar a atopar un método para favorecer os xenes que motivan a facer actividades físicas.
Atopei a información en :
http://www.tendencias21.net/La-pereza-tiene-un-origen-genetico-sugiere-un-estudio_a16919.html
Entrada elaborada no curso 12-13 por Mónica Álvarez Fernández
Tags: Curiosidades, enxeñeria xenetica, xenes