VIDA NO ESPAZO: MITO…OU FEITO?

  Unha pregunta que houbo dende tódolos tempos foi: é posible a vida fóra da Terra? Pois aínda que isto soe a libro de ciencia ficción, parece moito máis incríble que sexamos tan únicos dentro do enorme que é o Universo. Por iso, os científicos se involucraronse profundamente en buscar, se non é vida, polo menos indicios desta en planetas, en concreto na Vía Láctea, por non haber medios para chegar a galaxias máis afastadas.

  Un dos factores imprescindibles para a presenza de vida é a existencia de auga. Inicialmente, intentouse buscar a existencia desta en Venus, sen éxito. Pero agora, a  NASA  (Administración Nacional de Aeronáutica no Espazo), propúxose o reto de buscar a vida no chamado “planeta vermello”, Marte.

  “Curiosity” e o nome que se lle foi dado a unha misión espacial que inclúe un aparello de exploración marciana dirixido pola NASA, lanzado o 26 de novembro de 2011 e que aterrou en Marte con éxito o 6 de agosto de 2012; enviando as súas primeiras imaxes á Terra. Unha vez no planeta, este rover tomou fotos para investigar e docenas de mostras do solo e polvo marciano para a súa análise. Os obxectivos eran moi claros dende un principio: determinar se existiu algunha vez vida en Marte, caracterizar o seu clima, determinar a súa xeoloxía e prepararse para a exploración humana neste planeta.

  O Curiosity, segue agora mesmo de expedición sobre o planeta, e logo de tantos meses chegou a mandar información decisiva. Grazas a el, a NASA, hai uns meses concluíu que, verdadeiramente, Marte tivo condicións axeitadas para a vida nun pasado, pois os científicos identificaron xofre, osíxeno, nitróxeno, hidróxeno, carbono e fósforo en restos de rocas na superficie marciana. O Curiosity tamén marcou outros puntos clave na existencia de vida, como foron :

    -Perforou unha roca de Marte para recoller unha mostra, pois foi a primeira vez que un robot realizou unha perforación para profundizar no interior do planeta vermello.

    -O Curiosity fotografiou unha segunda pertuberancia de aspecto metálico nunha roca da superficie de Marte. Según explicou a NASA podería estar feita de un material que se atopa no interior das rocas e é máis resistente á erosión.

    -Atopou novos indicios de que puido haber auga, pois atopou rastros de restos de roca con superficie lisa e redondeada, moi similares aos que hai nos ríos do noso planeta.

    -O rover atopou unha pedra moito máis parecida a algunhas rochas vólcánicas terrestres que a calquera outra mostra encontrada hasta la data no planeta vermello. A pedra  tiña o tamaño de un balón de fútbol e forma piramidal, e presentaba características en común con pedras volcánicas de zonas de la Terra, como por exemplo Hawai.

  Con toda esta información, o ruter segue a súa marcha polo planeta vermello, camiñando cara o seu obxectivo: o monte Sharp, a uns 5.500 metros de altitude no centro do cráter Gale. As ladeiras desta elevación mostran sinais claros de exposición( hai moitísimo tempo) de auga líquida.

  Ainda que con esta expedición se resolveron moitas dudas que había sobre o planeta, queda moito por descubrir sobre el, e conforme a ciencia avance iranse afirmando datos e desmentindo outros, que permitirán á increible curiosidade humana aclarar as súas dúbidas. Tamén compre apuntar que, aínda que no presente non exista vida tal como se entende na Vía Láctea, hai miles e millóns de outras galaxias no universo nas que, posiblemente, haxa algunha forma de vida, que nos sorprendería moito atopar. Pero isto, o único que o pode determinar é o tempo, e quizais algún día o soño que tantos científicos tiveron o deseñar a misión “Curiosity” fágase realidade.

  Considero que é moi importante a investigación no exterior sobre estes aspectos, porque…Quen sabe que pode ser do noso futuro atopando uns novos veciños?

 imagen

 Fontes de información:

Noticias sobre Curiosity,da páxina web de Antena 3, de agosto de 2013

Información interesante sobre Curiosity, da páxina de información da Wikipedia

NASA , páxina oficial da Nasa

Imaxes do Curiosity, imaxe da páxina web de Terra.com

Esta entrada foi elaborada por Laura Guillade no curso 2013-14 

 

Tags: , , ,