Un novo descubrimento… O planeta Kepler-186f!
Descobren un planeta moi similar ao planeta Terra, o seu nome é Kepler-186f, que ven herdado do nome da misión que empregou a NASA para localizar o citado planeta.
A misión Kepler é unha misión empregada pola NASA para detectar planetas que sexan rochosos, similares ao tamaño da Terra e que xiren ao redor dunha estrela. Para levar a cabo dita misión, empregase un telescopio único operado no espazo. Esta misión foi realizada por primeira vez no ano 2006.
O planeta Kepler-186f non é o primeiro planeta extrasolar atopado, segundo a NASA ata a actualidade atopáronse uns 700 planetas extrasolares. O peculiar deste planeta, é que probablemente teña auga en estado líquido na súa superficie, e isto podería orixinar vida dentro de certos anos. O planeta orbita ao redor dunha estrela vermella, máis pequena que o sol e máis fría. Ademais, este planeta está a menos de 500 anos luz da Terra.
Un gran descubrimento, verdade?
-Vídeo subido a youtube polo canal dixital de TV Euronews
Bibliografía:
Informacion sobre a Misión Kepler na páxina da NASA
Para ampliar información visite estas dúas páxinas:
Páxina da emisora Habana Radio onde fala do planeta Terra e de Kepler
Diario El Mundo para ampliar máis información sobre Kepler
Esta entrada foi elaborada por Lara Rodríguez no curso 2013-14
Tags: mision Kepler, novos planetas