Existe vida noutros universos?
Por agora, os esforzos por atopar vida máis alá da Terra non deron ningún resultado. Quizais non estemos buscando no lugar adecuado. Porén, a ciencia plantéanos unha cuestión: pode haber vida en outros universos? Para responder a esa pregunta, basámonos en investigar si existe vida ou non en outros planetas do universo, estudando primeiro a vida que se formou no noso planeta e comprobando si as condicións e os elementos atopados noutros planetas propician algunha forma de vida similar á nosa.
A vida na terra desenrolouse producto da auga, que comezou dando lugar a pequenos microorganismos e bacterias, axudado polas condicións e outros elementos da Terra, que fan de esta o lugar ideal para a creación da vida, como a atmosfera, que permite que os raios solares cheguen de maneira adecuada, o osíxeno, ademais por ser un planeta cunha ubicación privilexiada, nin tan preto nin tan lonxe do Sol.
Segundo unha teoría, existe un número infinito de universos paralelos ó noso, coñecidos como multiverso. Algúns de estes universos son moi distintos ó noso. Outros, completamente idénticos.
Segundo o modelo do multiverso, cada universo ten as súas propias leis físicas. Nalgúns universos, esas leis non fan posible a vida, e, polo tanto, están vacíos. Pero en outros sí hai vida. De feito, cun número infinito de universos, todas as probabilidades se cumpren. Por incríble que pareza, nalgún outro universo hai outro eu facendo exactamente o mismo que eu, como este blogue. Mentres que en outro universo hai outro eu facendo o que non fixen. Igual que si lanzamos un dado infinitas veces, acaban saíndo todos os números.
No seu día, Einstein e Rosen plantearon a teoría dos burato de gusano.
Para algúns, como Richard Feynman, é absurdo plantearse si hai vida noutros universos. “Si non podemos acceder a eles, non importa que haxa vida ou non. E si podemos acceder, pasan a formar parte do noso universo, entendido como todo o que existe e pode ser coñecido. Entón xa non serían universos diferentes. Así que o que ocorra noutros universos paralelos é asunto da filosofía, non da física.”
Mentres, podemos plantearnos preguntas como: “en que outro lugar existe vida?”, “como é?”, “son máis avanzados?”…. En fin, quizais algún día o sepamos, quizais non…
Fontes de información:
Artículo: ¿Hay vida en otros planetas?
Esta entrada foi elaborada por Marta Fernández Fernandes no curso 2013-14
Tags: multiverso, universo, vida extraterrestre