O PLANETA VERMELLO,O NOVO PLANETA HABITABLE?

Marte é o cuarto planeta do Sistema Solar. Coñecido como o planeta vermello polo po de óxido de ferro que ten en suspensión. Este planeta ten unha atmosfera moi fina e dinámica , con grandes cambios de temperatura, fortes ventos e tormentas. Está composta nun 95% de dióxido de carbono (CO2) , e nun 5%  por Nitróxeno e Helio. Marte ten auga (xeo) nos casquetes polares , e o hemisferio sur está cheo de cráteres. Este planeta só contén un 0,03% de auga , mil veces menos que a Terra.

Marte ten 2 satélites, Fobos e Deimos. Como ambos son pequenos e xiran rápido ó redor do planeta o seu descubrimento a través dos telescopios foi tardío. Fobos está a menos de 6.000 km da superficie da terra e xira cada 7 horas e media. Deimos é a metade que Fobos e xira a 23.460 Km do centro en pouco máis de 30 horas.

As últimas sondas mandadas ao planeta Marte son as chamadas Rossetta (2004) , Mars Reconnaissance Orbiter (2005) , Phoenix  (2007) e Curiosity (2011) , todas elas mandados por E.E.U.U. Estas sondas son dispositivos que se envían ao planeta marte dende a terra co fin de estudar o Planeta Vermello, obter fotografías do seu terreo , facer análises da atmosfera e coñecer si houbo vida no pasado. Este planeta foi visitado por primeira vez en 1965 pola sonda Mariner 4.

Aínda non se puido comprobar si hai vida en Marte, por iso , a NASA elaborou un plan para enviar humanos a Marte en 2030. O problema desta viaxe é que só ten billete de ida, xamais podrán volver, porque aínda non hai tecnoloxía para facelo. A súa idea é que en poucos anos se poida recibir periodicamente naves espaciais procedentes da terra.

Fálase con bastante certeza de que nun futuro non demasiado lonxano se poida alterar a atmosfera de Marte para que o home instale unha base alí e  moi pronto  o home pisará o chan “marciano”.

Aquí un pequeno vídeo no cal se demostra supostamente que pode haber vida en marte. O vídeo está subido a youtube por Gamengat newsinmotion unha páxina de divulgación científica.


Qué pensades vós, houbo ou hai vida en marte? Será o noso novo refuxio?

Enlaces consultados:

 Páxina educativa de astronomía: astronomia.com

 Páxina ecured, páxina cubana de divulgación

Esta entrada foi elaborada por Alba Bernárdez no curso 2013-14 

 

Tags: , , ,