teoría do Big bang
O Big Bang é un modelo científico que fai referencia ao momento no que da “nada” emerxe a materia, dando orixe a formación do universo. Tras o instante da explosión as partículas foronse afastando unha de outra cada vez mais , ata ocupar toda a superficie orixinando asi o universo e todas as partículas que o forman.
A expresión de Big Bang recibiu este nome polo astrofísico inglés Fred Hoyle, que curiosamente foi un dos detráctores desta teoría.
A materia lanzada pola explosión inicial esta constituida principalmente por particulas elementais, entre as que se distinguen: electróns, positróns, mesóns, etc.. Cálculos mais recentes amosan que o H e o He serian os productos primarios do Big Bang, e os elementos mais pesados, formarianse a posteriori. Isto porporcionanos unha idea da evolución do universo, xa que ao expandirse o H e o He, perdían temperatura e acabaron por condensarense , dando lugar a galaxias e estrelas.
Isto deixa o interrogante de se a expansión do universo xa se pechou ou se este sigue crecendo, o que implica que a temperatura seguiría baixando. Por último, un dos obxetivos dos científicos actuais pasa por determinar se o crecemento do universo se deterá sen mais, ou se este acabará por contraerse.
Fonte de información:
http://www.astromia.com/astronomia/teoriabigbang.htm
Esta entrada foi elaborada por Fabian del Amparo no curso 2013-14