Venus

Venus é o segundo planeta do Sistema Solar, é o que máis parecido á Terra polo seu tamaño, masa, volume e densidade. En cambio son diferentes, xa que a atmosfera de Venus está constituída por gran cantidade de CO2 , pequenas porcións de Nitróxeno  e mínimas cantidades de auga, facendo así que este planeta non teña océanos e conteña unha atmosfera densa. Esta atmosfera ao ter unha gran cantidade de compostos de efecto invernadoiro provoca que as súas temperaturas medias ronden os 500ºC. Ademais Venus xira ao contrario da Terra, o sol sae polo oeste e ponse polo este, tardando en xirar sobre o seu eixe 243,0187 días terrestres. O 85% da superficie está composta por rocha volcánica.
Dende a Terra, Venus nos seus día máis brillantes pódese observar polo día e é o astro máis visible dende a Terra pola noite. Por este motivo, foi coñecido xa polos maias , que elaboraron un calendario baseado  nos ciclos astronómicos incluíndo os de Venus.

Teoricamente Venus no ten ningún satélite natural, pero existe un astro clamado VE68 que se considera un “case-satélite” debido a que tardan lo mesmo en xirar ao redor do sol pola súa semellanza na súa gravitación regular ao redor do Sol, pero non se debe considerar satélite de Venus xa que un satélite debe ter a súa orbita ao redor dun planeta, e VE68, xira ao redor da estrela principal do Sistema Solar, o Sol.

Vólcans en Venus

As misión espaciais de Venus:

Venus foi o segundo corpo do Sistema Solar que foi visitado por unha sonda espacial. A exploración de Venus foi feita pola Unión Soviética e Estados Unidos nas décadas de 1980 e 1990. Para isto fixeron falla  varios intentos fallidos ata que unha sonda chamada Mariner 2 enviada en 1962 a unha distancia de 34.773  de Venus conseguiu sobrevoar as proximidades do planeta.

Os primeiros aterraxes foron das sondas soviéticas Venera3 ( que se estrelou na superficie) e Venera4 a cal foi capaz de transmitir información do planeta como as temperaturas, as presións, densidades e compostos químicos da atmosfera sen chegar a aterrar na superficie do planeta.

Tanto a Unión Soviética e (como) Estados Unidos intentaron mandar misións tripuladas pola orbita de Venus pero estas experiencias foron falidas a pesar de basearse nas tecnoloxías do Programa Apolo (programa da NASA que tivo moito éxito en misión tripuladas e non tripuladas coa Lúa).

O primeiro aterraxe con éxito na superficie do planeta foi o Venera7 , esta sonda ademais de recoller a temperatura, presión e densidade tamén conseguiu a través de raios gamma analizar a composición da cortiza.

Na década de 1980 as misións utilizaron cámaras en color, análises de perforación da superficie, raios X que comprobaron que as rocas basálticas eran ricas en potasio. E con espectrómetros infravermellos e de absorción ultravioleta descubriron que existían masivos volcáns ocultos, que as últimas capas da atmosfera están compostos de ácido sulfúrico e observaron que Venus non parece ter capas tectónicas como a Terra.

Actualmente, Europa está preparando a misión “ Venus ” coa que mandará unha sonda 500 días e Xapón iniciou unha misión chamada Akatsuki que pretendía complementar a información da misión europea, e aínda que esta, que  estaba prevista para 2007 retardouse a decembro de 2014, a sonda de Xapón lanzouse en 2010 mais, ao non lograr  entrar na órbita de Venus, está previsto que volvan a intentalo una segunda vez para o ano 2015.

Fontes de información:

 http://es.wikipedia.org/wiki/Exploraci%C3%B3n_de_Venus#Misiones_en_la_d.C3.A9cada_de_1970

http://www.noticiasdelcosmos.com/2010/12/las-lunas-de-venus.html

http://www.astromia.com/solar/venus.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Programa_Apolo

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1288079134/contido/viaxe_estrelas/c_espacio/vae_13.html

Libro de 1º de bachillerato de Ciencias do Mundo Contemporáneo. Editorial Anaya.

http://es.wikipedia.org/wiki/Venus_%28planeta%29

 Aportan información fotográfica: astronomia.com

Esta entrada foi elaborada por Rosario Núñez no curso 2013-14  

 

Tags: , ,