KEPLER 186f

Hai poucos días un equipo internacional de investigadores anunciaron que foi descuberto un novo planeta rochoso de nome Kepler 186f,  que podía ter auga líquida na súa superficie. Este novo planeta foi descuberto utilizando o telescopio da NASA Kepler, que foi lanzado ao espazo no ano 2009.  Dado que a presenza de auga líquida é esencial para a vida na terra, moitos astrónomos creen que buscar vida extraterrestre debe centrarse nos planetas onde exista este líquido. Non se sabe se este planeta está habitado, só se sabe que é posible e que a zona é habitable, pero realmente non significa que haxa vida nel.

imagen

Os planetas rochosos como a Terra, Marte e Venus, obtiveron as súas atmósferas dos gases volcánicos como o dióxido de carbono e vapor de auga, liberados do interior do propio planeta. Os planetas en zonas habitables como a órbita da Terra, están a unha distancia apropiada dunha estrela para que o vapor de auga permaneza en estado líquido na súa superficie. Os planetas como Venus, que orbitan un pouco mais perto do sol perden a súa auga líquida e conteñen sobre todo, dióxido de Carbono. En cambio, planetas como Marte que orbitan un pouco máis lonxe do sol teñen a súa auga en forma de xeo.

Kepler- 186f parece estar en órbita no borde exterior da zona habitable arredor da súa estrela, o que pode significar que calquera auga da superficie estea  en perigo de conxelación. Sen embargo, ao ser un pouco máis grande que a Terra, a esperanza que teñen os investigadores é que isto faría que a súa atmósfera tamén é mais densa e isto faría que a súa temperatura fose maior.  Pero tamén hai que ter en conta, que Kepler - 186f xira arredor dunha estrela totalmente distinta ao sol, xa que é unha estrela anana, máis pequena e mais fría que o  sol.

FONTE DE INFORMACIÓN

- Artigo da revista de divulgación QUO.

  Esta entrada foi elaborada por Ana María Fernández no curso 2013-14 

 

Tags: ,