O experimento de Miller e Urey

O gran misterio da vida, coñecer as primeiras moléculas que apareceron e que nos levaron a ser o que somos na actualidade e as condicións nas que estas se produciron. Algo similar conseguiron os biólogos estadounidenses Miller e Urey na década dos 50 obtendo así un dos maiores éxitos na historia da investigación da orixe da vida.

O experimento consistiu no deseño dun tubo que contiña a maioría dos gases similares aos da atmosfera primitiva (metano, amoníaco e hidróxeno) e unha piscina de auga que imitaba ao océano. Os electrodos descargaban unha corrente eléctrica de 60000 voltios simulando un raio mentres a auga se mantiña en ebulición e condensación constantemente, e así durante varios días. Finalmente extraíase unha mostra de auga grazas a unha chave e analizábase.

 

imagen

 A proba repetiuse varias veces, e en todas elas se obtiveron diferentes moléculas orgánicas que se uniron formando coacervados e sostendo así a teoría de que a primeira forma de vida xurdiu de forma espontánea a partir de elementos inorgánicos.

Este tema está moi relacionado coa evolución, que estamos tratando agora mesmo, xa que fala da orixe da primeira forma de vida, a partir da cal evolucionaron todas as formas coñecidas ata a actualidade.

FONTES DE INFORMACIÓN:

-Ventanas al Universo, unha páxina científica en castelán.

-Naukas, páxina que contén algúns artigos relacionados coa ciencia en castelán.

IMAXE:

-Blog de Ciencias del Mundo Contemporáneo.

Esta entrada foi elaborada por Nazaret Pino no curso 2013-14

 

Tags: , ,