Archeopterix litographica
Cando se descubriu o Archaeopteryx no século XIX pensouse que era o eslabón perdido entre os dinosaurios e as aves. O Archaeoteryx presenta características tanto de aves como de dinosaurios.
Este ser ten 9 plumas na man e 14 no brazo, ademais comenzara a desenrolar un pico, pero este non tiña dentes. O seu brazo tiña 3 dedos con garras similares ás dos dinosaurios. O Archaeopteryx posuía unha larga cola con 23 vértebras que usaba como timón á hora de planear.
Ademais tiña os ósos ocos, ao igual que as aves. Este tipo de ósos estaban unidos ao sistema respiratorio mediante unhas aberturas especiais. Grazas a este sistema especial, se garante a renovación do aire e ademais refrixera ao ave.
Ao analizar o cerebro afirmouse que o Archaeopteryx posuía os lóbulos cerebrais necesarios para levar a cabo os complexos movementos do voo, mais, o Archaeopteryx non voaba, pois non tiña os músculos dos ombreiro desenrolados; isto limitaba ao ave a planear cortas distancias para atrapar aos insectos.
O Archaeopteryx xa dispoñía de oído interno, un órgano esencial para o equilibrio. Como o Archaeopteryx non voaba, tiña que subir ás árbores, aferrándose coas fortes garras das patas dianteiras e apoiándose sobre o plumaxe da cola, un método bastante lento. O Archaeopteryx aínda presentaba as fortes costelas dos dinosaurios, situadas na zona abdominal e separadas do resto do esqueleto, e que servían para protexer o abdome e suxeitar os intestinos.
Con este vídeo aprenderás máis datos interesantes sobre este ser.
Vídeo publicado por Diego Gea Pérez.
Información obtida nunha páxina sobre a prehistoria
Esta entrada foi elaborada por Cristian Fernárdez no curso 2013-14
Tags: Archeopterix, Ave-Dinosaurio, Eslabón Perdido., litographica