Homo neanderthalensis

O Homo neanderthalensis é o humano extinguido máis próximo ao Homo sapiens, a nosa especie actual. Viviu en Europa e no oeste de Asia dende  hai 200000 ata hai 30000 anos aproximadamente.  O enterramento máis antigo que se coñece desta especie atópase na Sima de los Huesos (Burgos). Estaban adaptados ao frío e destacaron como cazadores. Ademais, foron os primeiros que efectuaron prácticas funerarias.

Tiñan unha cara grande, cun nariz ancho, e unha estrutura ósea moi robusta, que soportaba unha gran musculatura. En cambio, eran máis baixos ca nos. Desenvolveu un volume cranial que chegou a ser superior ao noso, abranguía entre 1245 e 1740 cc. Fabricaban ferramentas moi eficaces e adornos corporais, enterraban os seus mortos e celebraban rituais simbólicos complexos. Tamén utilizaron o fogo, o que lles proporcionaba grandes vantaxes para a súa supervivencia.

Esta especie non é un antepasado directo noso, senón que se atopaba nunha rama evolutiva paralela. Os neandertais son os humanos extinguidos que máis coñecemos. Tense constancia de que conviviron coa nosa especie en diversos lugares e épocas, polo que puido haber intercambio cultural, e incluso mestizaxe.

imagen

Existen algunhas dúbidas acerca da súa extinción, aínda que todo apunta que a nosa especie foi a culpable. Que opinades vos disto? Na miña opinión, nos poderíamos ser a principal causa, porque  somos bastante acaparadores e un pouco egoístas.  Por outra parte, os científicos aseguran que tiñan a súa propia linguaxe debido a súa alta capacidade mental, e algúns atrévense a dicir que podían ter telepatía (mover obxectos ca mente, por exemplo). Que pensades vos da telepatía nos neandertais? A min cústame imaxinar que isto fora certo, pero todo é posible.

Fontes de información e imaxe:

- http://www.portalciencia.net/antroevonean.html : un portal de ciencia.

-http://humanorigins.si.edu/about/bsic/introduction : unha páxina científica dun museo de historia.

-Libro de bioloxía e xeoloxía de 4º ESO. Editorial santillana, proxecto os camiños do saber. Dirixido por Antonio Brandi e Ana María Guerra.

Esta entrada foi elaborada por Xeila Bernárdez no curso 2013-14

 

Tags: ,