Non digas que provimos do mono… pois non é certo!

Sabedes que sempre se di a típica frase “os humanos provimos do mono”, non? Pois ben, esta afirmación é errónea. Nos non vimos do mono, se non que ambos temos antepasados en común.

As probas da evolución demostran que as especies están relacionadas entre si; as especies actuais proveñen de outras que foron sufrindo modificacións ou se foron extinguindo.

Os humanos e os “monos” descendemos dos homínidos, un grupo de primates non arborícolas que apareceron en África, e hai 7 millóns de anos que se desprazaron a Asia. A partires destes homínidos xurdiron por unha banda os gorilas, orangutáns, etc… e por outra banda os humanos, aos que denominamos “xénero homo”.

Este “xénero homo” ten tres características primordiais: É bípede, ten o padal en forma de U e un cranio cun gran cerebro, características que nos diferencian dos “monos”.

Así, podemos saber que os humanos non provimos do mono, se non dun antepasado común. Ademais, non podemos ser descendentes desta especie, xa que ambas convivimos na actualidade.

Nunha imaxe móstrase perfectamente como non descendemos do mono, se non que temos antepasados en común. imagen

Paréceme curioso que a maioría da xente pense que descendemos do mono. Non podemos descender del cando sigue existindo esa especie. Vos que pensades? Non credes que se lle debería explicar a xente a nosa real descendencia?

Bibliografía:

-Fotografía tomada da páxina web SinDioses

-Información sobre se descendemos do mono en Taringa!

-Información sobre o xénero homo na revista Investigaciónyciencia

-Información sobre os homínidos en wikipedia 

Información ampliada co libro de texto de Anaya para Ciencias para o Mundo Contemporáneo, 1º BACH. Galicia.

Esta entrada foi elaborada por Lara Rodríguez no curso 2013-14 

 

Tags: , ,