ÓRGANOS INNECESARIOS?
Un dos sinais que se estudan nas especies para coñecer o seu proceso evolutivo son os coñecidos órganos vestixiais. Estes órganos son aqueles que perderon a súa función no curso da evolución da especie, pero que nun pasado foron órganos funcionais. O ser humano foi evolucionando durante miles de anos, e durante este período desenvolveu capacidades como a de camiñar ergueito. Pero á vez que se desenvolven unhas capacidades, outras vainas “esquecendo”, e aínda conserva características primitivas en osos ou órganos innecesarios actualmente.
Aquí vos deixo algúns dos exemplos de órganos que rematarán por desaparecer nun futuro:
- Moas do xuízo: antigamente servían para mastigar ramas, pero na nosa dieta son inservibles e o único que probocan é moita dor.
- Terceiro párpado: as aves e os mamíferos tiñan unha membrana especial para protexer o ollo. Os humanos conservámolo, pero só como un pequeno pliegue na esquina do ollo.
- Apéndice vermiforme: este estreito tubo muscular unido ao intestino groso sevía como área especial para dixerir a celulosa cando a dieta dos humanos consistía máis en proteínas vexetais que en animais. Tamén produce algúns glóbulos brancos. Segundo algunhas teorías pode funcionar como reserva de flora intestinal para axudar en dixestións problemáticas. Este órgano, ao infectarse, pode producir a famosa apendicite, moi dolorosa e que ao detectarse ten que extirparse.
- Pelo corporal: as cellas serven para evitar que o suor caia nos ollos, e a barba na selección sexual; pero a maior parte do pelo restante non ten función. No pasado servía para protexerse do frío.
- Os dedos do pé (excepto o polgar): o ser humano só utiliza o dedo polgar para manter o equilibrio, e os demais dedos non teñen ningunha función.
- Coxis: estas vértebras unidas son todo o que queda do rabo e a maioría dos mamíferos aínda o usan para manter o equilibrio e para comnicarse. Os nosos antepasados homínidos perderon a súa necesidade cando comezaron a camiñar ergueitos.
Outros exemplos de órganos vestixias son o tubérculo de Darwin ou a carne de galiña.
Os órganos vestixiais non existen só nos humanos, senon tamén no resto das especies, e son unha prova da evolución; como por exemplo os ósos da pelve dos cetáceos, que son homólogos dos ósos correspondentes dos vertebrados de catro patas, o que imlica que os ofidios e cetáceos evolucionaron a partir de predecesores cuadrúpudes.
Grazas a estes órganos resolvéronse moitas dúbidas sobre a evolución, pero ainda queda moito por saber. O tempo e o progreso científico son os únicos que o poden resolver, por iso é moi importante invertir neste campo. Porque, se órganos tan importantes coma os citados anteriormente estan desaparecendo, quen pode dicir como seremos nun futuro?
Fontes de información:
Revista Journal theoretical biolgic, revista de divulgación científica en inglés.
Información dos organos vestixiais , do blogue interesante de Esther Samper
Imaxes
-Foto da moa de xuízo: da páxina de clinicasprivadas.net
-Foto terceiro párpado: da páxina de elotrojuan.blogspot.com
-Foto apéndice: da páxina web de abc.com
-Imaxe pelo corporal: da páxina web de taringa.net
-Imaxe dedo pé: páxina web ojocientifico.com
-Foto coxis: páxina web de beliefnet.com
Esta entrada foi elaborada por Laura Guillade no curso 2013-14