Wallacismo ou Darwinismo?

A.R.Wallace

Coñeces o Wallacismo? Sabes como se coñeceron Alfred R. Wallace e Darwin? Despois de ler este post conseguiras as respostas ás túas dúbidas.

Todos coñecemos a Darwin como a persoa que conseguiu explicar a evolución da maneira máis acertada na súa época, pero foi o primeiro en chegar ás mesmas conclusións que, anos máis tarde, o levarían ao éxito?

Respondendo a esta pregunta hai que dicir que Wallace era un naturalista inglés, que igual ca Darwin, interesouse pola teoría da evolución e decidiu comezar a buscar probas que a demostaran.

Así pois emprendeu unha viaxe cun compañeiro seu, Henry Walter Bates, en 1848 rumbo ao Amazonas. Nesta viaxe recopilaron numerosa información sobre os escaravellos, pero apenas puideron conservar datos específicos xa que o barco incendiuose.

A pesar deste incidente foi quen de descubrir que as barreiras xeográficas inflúen na distribución das especies.

Os seus seguintes destinos foron Malasia e Nova Guinea. Nesta viaxe conseguiu escribir algunhas das teses sobre a evolución e enviou a Inglaterra numerosas mostrars de especies.

En 1855 escribiu a súa primeira lei, na cal expoñía a súa idea sobre que unhas especies estaban relacionadas con outras e que varias especies teñen antepasados comúns, no seu libro “On the law which has regulated the introduction of species”.

Mentres Wallace recopilaba información por todo o mundo, Darwin seguía a súa viaxe co Beagle por paises como Australia, Nova Zelanda, as illas Galápagos, Chile, Perú…

En 1858, Wallace envíalle un documento onde explica as súas teorías e lle mostra os seus descubrimentos. A carta foi presentada na Sociedade Lineana.

Aínda que, ambos defendían a mesma teoría, había diferenzas sobre algúns temas. Un dos temas polo que tiñan diferente punto de vista era a evolucion do home. Wallace cría na intervención do “universo invisible do espíritu” é dicir, que a razón de ser do universo era o desenvolvemento do espíritu humano; mentres que Darwin non estaba de acordo porque para el a evolución non era nin teleolóxica nin antropocentrica.

Agora que sabes que Wallace chegou as mesmas conclusións que Darwin, pero antes e con menos probas; cres que deberiabamos falar de Darwinismo ou Wallacismo?

Fontes de información:
http://www.elorigendelhombre.com/teoria%20de%20wallace.html

http://www.agenciasinc.es/Multimedia/Ilustraciones/Darwin-y-Wallace-presentan-los-principios-de-la-teoria-de-la-evolucion-por-seleccion-natural

http://www.biologia.edu.ar/evolucion/evo1.htm

http://www.biografiasyvidas.com/monografia/darwin/

Esta entrada foi elaborada por Jasmin Márquez no curso 2013-14

 

Tags: , , ,