A chuvia ácida

 A chuvia ácida é unha forma de contaminación que fai referencia á caída de ácidos presentes na atmosfera a través da chuvia, néboa e neve (tamén coñecida como deposición húmida)

Os principais precursores dos ácidos son os óxidos de xofre e os óxidos de nitróxeno, que son emitidos por centrais termoeléctricas, os motores de combustión interna de coches e avións e algunhas outras industrias como produto da combustión de algúns combustibles que conteñen pequenos porcentaxes de xofre e nitróxeno, como o carbón, petróleo… Os ácidos disólvense nas gotas da auga que forman as nubes e nas gotas da chuvia, e posteriormente depositaranse no chan.

Os principais efectos da chuvia ácida son: a destrución do solo e dos campos de cultivo, descompoñendo os seus nutrientes. Desta forma tamén prexudica aos animais que se alimentas destes pastos; contamina moito os ríos e mata unha gran cantidade de peixes; destrúe materiais de construción e artísticos; tamén nos afecta aos humanos, xa que nos alimentamos de peixes e auga contaminados pola chuvia ácida…

imagen

Fai uns anos, a chuvia ácida era un problema exclusivo das zonas máis industrializadas, pero agora mesmo a realidade é outra. As zonas máis contaminadas  son o centro de Europa, Noruega, Suecia, Reino Unido, EEUU, Canadá, México, Rusia e o sueste de Asia.

Moitos países están ditando normas para reducir os efectos deste problema medio ambiental. Algunhas das cousas que podemos facer é reducir a expulsión destes combustibles, pero iso suporía pechar moitas fábricas e volverá lenta a produción. Polo tanto isto deixa de ser soamente un problema medio ambietal e pasa a ser tamén un dilema económico. Os países pobres e con menos ganancias teñen como última prioridade a natureza e buscan o máximo rendemento da forma máis barata e sinxela posible.

Como vemos, é moi difícil atopar unha solución favorable, e parece que imos encamiñados a destruír pouco a pouco o noso planeta. Pero…cal é a vosa opinión? Pensades que existe algunha solución posible ou estamos seguindo inevitablemente o camiño da destrución?

Aquí vos deixo o enlace dun vídeo moi sinxelo e interesante que pode axudarvos a aclarar moitas dúbidas.

FONTES DE INFORMACIÓN

- Semanart, web de información en castelán.

-Wualo, blogue en castelán con moita información interesante. Fotografía sacada da mesma páxina.

Esta entrada foi elaborada por Nazaret Pino no curso 2013-14

 

Tags: ,