A orixe dos planetas

imagen

Hai 5000 millóns de anos, o que hoxe coñecemos como Sistema Solar, era unha gran nebulosa de po e gas. Esta gran nebulosa comezou a xirar grazas á forza da gravidade provocando que se convertera nun disco aplanado. Os materias máis densos, como o hidróxeno, achegáronse ao centro do disco. Estes átomos de hidróxeno comezaron a comprimirse e deron lugar aos átomos de helio.

Grazas a esta fusión naceu o protosol, que tempo máis tarde daría lugar ao Sol de hoxe en día.

Porén, as partículas máis lixeiras quedaron máis lonxe e foron cara o exterior.

As partículas que quedaron soltas ao redor, os planetesimais, comezaron a colisionar grazas a forza gravitatoria (proceso de acreción). Pouco a pouco comezaron a xurdir corpos máis grades, os planetoides, que seguiron facéndose máis grandes e deron lugar aos actuais planetas. Nos seus inicios os planetas presentaban unha alta temperatura que foi diminuindo, de xeito que cada planeta creou unha atmosfera propia.

Os planetas pódense dividir en rocosos (Mercurio, Venus, Terra e Marte) e gaseosos (Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno). Estes dous grupos están separados polo cinturón de asteroides.

Aquí deixovos un vídeo do capítulo “La Vida” da serie Hiperespacio con Sam Neil que explica brevemente a teoría sobre a orixe dos planetas:


A información que empreguei para este post  saqueinada páxina web plataforma e-ducativa de Aragón e no blogue do I.E.S. Renacimiento de Madrid.

Bibliografía:

http://experimentemos.wordpress.com/2011/03/04/teoria-planetesimal/

http://e-ducativa.catedu.es/44700165/aula/archivos/repositorio/750/975/html/1_origen_y_evolucin_del_sistema_solar.html

http://www.youtube.com/watch?v=4iCuHjvehvU, 100, 100[/SWF]

Esta entrada foi elaborada por Jasmin Márquez no curso 2013-14

 

Tags: ,