A teoría da grande explosión

O ser humano é de natureza curiosa dende o seu nacemento. Sempre nos gustou experimentar e coñecer todas e cada unha das características do que nos rodea , por iso intentouse comprender a orixe do mundo e da vida. Entre as teorías que intentan explicar a formación do cosmos podemos atopar a teoría do Big Bang, ou teoría da grande explosión.

imagen

A teoría do Big Bang foi proposta polo astrónomo belga Georges Lemaître en 1927, e desenrolada polo físico George Gamor en 1948. Segundo ela, o universo ten a súa orixe nun átomo primixenio ( a materia, o espazo e a enerxía estiveron concentrados nun mesmo punto )que se expandiu de forma brusca tras un cataclismo cósmico denominado Big Bang. A enerxía foise afastando en todas as dirección, transformándose en materia. Como consecuencia xeráronse partículas subatómicas. E a medida que a materia foise condensando, creáronse todas as estruturas astronómicas: planetas, galaxias, nebulosas. . .Rematando coa conformación dos diversos elementos químicos a partir das estrelas atopadas no espazo. É complexo de recoñecer, pero a verdade relativa que máis se sostén na actualidade, é a de que toda a materia viva produciuse nunha estrela.

En ocasións, puidemos oír falar da famosa radiación de fondo. Os que a coñecen, a definen como unha radiación electromagnética que provén de todas as direccións do Universo e que se relaciona directamente cos restos do Big Bang. Esta lei estableceuse coma unha predición do modelo da grande explosión, xa que segundo esta estrutura, o Orbe primixenio estaba composto basicamente por electróns, neutróns e protóns, de ahí, que xurdira a idea do átomo primixenio.

 imagen

Os avances que se veñen producindo no campo da ciencia física duns anos ata agora, supuxeron unha verdadeira innovación dentro de ámbitos como o científico e o cultural.

Nun intento por atopar a famosa “teoría de todo” na que Einstein puxo tantas eperanzas, se toparon coa extraordinaria especulación das supercordas, pois moitos xóvenes físico teóricos están investigando a existencia de entidades microscópicas  que ao vibrar, dan lugar dalgunha forma ás partículas elementales. Estas supercordas son enlaces de enerxía que se atopan no interior da materia e en espazos pertencentes a mundos e realidades aínda descoñecidas para o ser humano.

Uno dos grandes problemas científicos sen resolver no modelo do Universo sobre a teoría da súa expansión, é si o Universo é aberto, pechado (isto é, se se vai expandir indefinidamente ou volverase a contraer) o plano (teoría similar a do Univerto aberto). É un tema que aínda estase a estudar, pero pode que xa teñan algunha resposta.

Este tema é de gran interese, según a miña opinión. É un intento da ciencia humana por comprender o noso pasado e a forma en que fomos creados, deixando nun aparte a relixión que xa impuxera a ´súa propia hipótese.

As miñas fontes de información foron:

Webgrafía:

 - A teoría do Big Bang: páxina educativa Astromia, en Internet

- A orixe do universo:páxina divulgativa oficial da National Geographic

 - Curso sobre Cosmoloxía: páxina do físico e astrofísico da Universidade da Laguna, Pedro J. Hernández

- A teoría das supercordas:por Rodrigo Gamboa G. Página de investigación de ciencia fisico-matemática.

Bibliografía:

 Ciencias para o Mundo Contemporáneo - libro de Bacharelato - Nicolas Rubio, Carlos Pulido,Juan Manuel Roiz - Anaya

Esta entrada foi elaborada por Silvia Nodal no curso 2013-14

 

Tags: