COLTÁN, O OURO GRIS.
O coltán é un mineral que se extrae sobre todo de países de África, principalmente do Congo . É tan importante a nivel mundial porque é fundamental para a fabricación de aparellos electrónicos como poden ser os móbiles.
Este mineral chámase así porque esta formado por dous compoñentes: a columbita e a tantalita.
Con este mineral prodúcense infinidade de productos electrónicos avanzados. O tántalo utilizase para a fabricación de condensadores. O condensador de tántalo é o tipo de condensador que máis se utiliza na actualidade en aparellos electrónicos. Aínda que os dispositivos poden funcionar con condensadores electrolíticos normales, os de tántalo proporciónanlle máis calidade o producto, xa que son máis exactos, aguantan altas temperaturas e son máis pequenos.
A explotación deste mineral considérase o culpable da guerra que sofre a República Democrática do Congo actualmente, xa que, en 1998 Ruanda e Uganda aproveitando o débil estado do Congo invadiron militarmente ese territorio para facerse coas explotacións de coltán. Dende que se empezou a extraer este mineral morreron xa 5′5 millons de persoas.
A explotación deste mineral non só é un problema de caracter social e político, senon tamén medioambiental xa que, a extracción do coltán provoca a contaminación de ríos, de lagos, a destrucción do entorno e o desprazamento de persoas e especies. Dase o caso de que nos lugares que se está explotando coltán na actualidade existen reservas de gorilas en perigo de extinción.
O Congo non é o único lugar donde se explota este mineral, en Brasil e Serra Leona tamén hai xacementos de Coltán. E ultimamente estívose estudando a posibilidade da existencia deste mineral en zonas de Galicia, exactamente en Ourense. E barállase a posibilidade de abrir unha mina dentro dun ano entre os montes de Forcarei e Beariz.
Aquí deixovos un vídeo sobre outro dos problemas da extracción de coltán, o traballo infantil:
Video de AFP, agencia mundial de noticias.
FONTES DE INFORMACIÓN:
Páxina con árticulos sobre ecoloxía.
Portal sobre Ciencia e Tecnoloxía
Esta entrada foi elaborada por Marcos Iglesias no curso 2013-14
Tags: coltán, contaminación, explotación, medioambiente, Minerais