Tóxicos na roupa

 A contaminación chega a uns límites sorprendentes, actualmente no noso sangue temos ata 300 substancias tóxicas que os nosos avós non tiñan. Os tóxicos atópanse en cousas tan habituais como a nosa roupa, sen sermos conscientes.

Greenpeace desafiou na súa campaña Detox ás mellores marcas de roupa a eliminar todas as substancias perigosas da cadea de subministro e do ciclo de vida completo do seus produtos.

Moitas marcas recoñecidas mundialmente fabrican a súa roupa con tóxicos. Grazas ao poder de todos conseguimos que Zara, Mango e H&M se comprometeran a evitar a contaminación para o ano 2020. O último logro desta campaña de Greenpeace foi o 13 de decembro do ano 2012, que tamén conseguiu que Levi’s asumira a responsabilidade e eliminara todas as substancias tóxicas para o ano 2020.

Aínda moitas outras marcas importantes no mercado internacional seguen a producir roupa con tóxicos e non aceptan comprometerse a evitalo, por exemplo, Primark, Adidas, Burberry, etc. Pero Adidas non é a única marca deportiva que fabrica produtos con tóxicos. Co gallo do próximo mundial de fútbol que se celebra en Brasil, Greenpeace levou a cabo unha investigación que fixo sumar a Nike e a Puma á lista de marcas que venden produtos con substancias tóxicas. Estas substancias foron atopadas en botas, camisetas oficiais, luvas de porteiro e, incluso, o mesmo balón oficial do mundial (”Brazuca”).  As substancias químicas atopadas (nonilfenol, etoxilato de nonilfenol, ftalatos, etc.) son perigosas e poden liberarse ao medio ambiente e entrar na cadea alimentaria. Isto pode ter unha grave repercusión na nosa saúde porque poden producir cancro, alterar o noso sistema hormonal ou ser tóxicos para a reprodución.

imagen

 No caso das botas de fútbol “Predator” (Adidas), conteñen niveis moi elevados de PFC ata 14 veces por riba dos niveis que a propia empresa establece nos seus límites de restrición. Isto ten a súa explicación,  e é que esta empresa espera uns beneficios netos entre 830 e 930 millóns de euros.

A pregunta que todos nos debemos facer sería: paga a pena deteriorar a nosa saúde a cambio de grandes beneficios económicos? A miña opinión con respecto ao tema está comprometida coa natureza e a nosa saúde, xa que sen ela pouco nos serve ter diñeiro.

Fontes de información e información fotográfica:

-Páxinas de Greenpeace, unha asociación ecoloxista.

Traballamos en parar a contaminación.

Levi’s comprométese coa campaña Detox.

Unha pequena historia sobre os monstros.

Tarxeta vermella ao xogo sucio das marcas.

Esta entrada foi elaborada por Xeila Bernárdez no curso 2013-14

 

Tags: , ,