Homo sapiens en Europa

imagen

O homo sapiens estendeuse por Europa, África e Asia. Hai uns 46.000 anos que chegou a Europa. Expandiuse por este continente máis rapidamente do que pensaban. Paul Mellars, do departamento de Arqueoloxía da Universidade de Cambridge, chegou a esas conclusións despois de aplicar a restos fósiles dos nosos ancestros o método do carbono 14 con dúas recentes melloras que permiten unha maior precisión.

Esta técnica parte de que todo ser vivo ten ata a morte ten unha certa cantidade de ese isótopo, que cando o organismo morre desintégrase a un ritmo constante. Coñécese a cantidade de ese elemento presente en diferentes especies vexetais e animais, é posible establecer a súa antigüidade a partir dos seus restos fósiles.

Mellars apunta que o Homo sapiens entrou no Oriente Próximo hai uns 49.000 anos, cruzou o Bósforo hai uns 46.000 anos e pisou Francia e España fai uns 41.000 anos.

Eu penso que algo en común cos homínidos, temos, aínda que sea un antecesor moi lexano, e vos que pensades? Coméntao

FONTES DE INFORMACIÓN:

http://www.historialuniversal.com/2009/04/homo-sapiens-hombre-de-cro-magnon-ser.html páxina de historia, ofrecida por lahistoriacultural@gmail.com

http://www.consumer.es/web/es/educacion/2006/02/23/149635.php

http://rubitofilosofico.blogspot.com.es/ , a imaxe saqueina de este blogue, correspondente a un alumno de 1 de bachiller, do IES León Felipe.

Esta entrada foi elaborada por Paula Moldes no curso 2013-14

 

Tags: ,