O ANANISMO E O XIGANTISMO INSULAR

O ananismo  insular ou isleño é o resultado dun proceso evolutivo que sofren as especies animais que habitan en espazos pequenos como poden ser as illas.  As especies adáptanse ao reducido tamaño dos seus ecosistemas e a escaseza de recursos deses lugares e por iso os seus corpos van diminuíndo progresivamente o seu tamaño.

imagen

(Camaleón)

En ocasións prodúcese o efecto contrario cando nun lugar amplo non hai escaseza de recursos e os animais crecen desmesuradamente en comparación a animais da súa mesma especie. Este fenómeno prodúcese sobre todo en insectos, roedores e aves. Pero tamén se pode producir en mamíferos como os raposos e en anfibios como as ras.

imagen

(Isópodo xigante)

Outro exemplo de ananismo pode ser o noso antecesor o Homo floresiensis, ou tamén coñecido como “Hobbit”. Este homínido compartiu a terra co Homo sapiens durante 10.000 anos. Estes individuos medían pouco menos dun metro e as súas características físicas parecíanse máis as dos gorilas e aos primeiros humanos que as dos homínidos modernos. Os restos destes humanos foron atopados na Illas das Flores en Indonesia. Moitos científicos sosteñen que esta non foi una nova especie, se non que foron unha comunidade de homo sapiens con malformacións. Estes son un claro exemplo do ananismo insular, xa que foron reducindo o seu tamaño para adaptarse a falta de alimentación en un espazo tan reducido.

imagen

(Homo florensis)

FONTES DE INFORMACIÓN:

- Portal Ciencia , páxina educativa.

- Ojo Científico , blog.

- Ananismo Insular

INFORMACIÓN FOTOGRÁFICA:

- www.ojocientífico.com

- www.pipl.cl

- learningneverstops.wordpress.com

Esta entrada foi elaborada por Marcos Iglesias no curso 2013-14

 

Tags: , ,