O homo habilis

         O Homo habilis (home habilidoso) constitúe a primeira especie do xénero Homo e estivo na Terra dende hai dous con catro millóns de anos ata hai un con oito millóns de anos; é o primeiro Homo do que se acharon restos fósiles, ademáis considérase o primeiro humano que utilizou ferramentas grazas ás atopadas xunto a fósiles seus en Olduvay, Tanzania.

O Homo habilis tiñan unha capacidade cranial de cincocentos-setecentos cincuenta cm3, tamén tiñan maior masa muscular (os varóns medían un metro e corenta centímetros e chegaban ós cincuenta e cinco kg, mentres que as femias median un metro e só chegaban ós trinta e cinco kg) e unhas habilidades manuais máis desenvolvidas. Era capaz de utilizar o lume en certas ocasións pero non sabía como dominalo nin como producilo e foi o primeiro humano que empezou a perder o pelo corporal. Tiña unha dieta máis variada que a dos Australophitecus, era omnívora e estaba basada na recolección de alimentos estacionais (maoiritariamente de orixe vexetal); esta variedade provocou unha reducción do tamaño das pezas dentais, sobre todo dos cairos.

Fontes de información:

Páxina oficial da Universidade de Cantabria

- Libro de 1º de Bacharelato de CCMC da editorial Anaya

Esta entrada foi elaborada por Hadrian Souto no curso 2013-14

 

Tags: ,