Os problemas dos avances tecnolóxicos

A medida que vai pasando o tempo, a tecnoloxía vaise modificando e compleméntase con mais funcións para facilitar o traballo e solucionar as necesidades do ser humano.

imagen

A tecnoloxía produciu:

- A eficacia e a productividade: aumentou a eficacia e a productividade grazas a introdución de maquinas especiais, isto permite fabricar máis, máis rápido e mellor.

-A humanización das condicións laborais: o emprego da nova maquinaria permite descargar o traballador das tarefas máis duras e pesadas.

-O tempo libre: co paso do tempo, disminuíu a xornada laboral.

As consecuencias da tecnoloxía:

-A sobreprodución e o consumismo: producir máis provoca que haxa mais cantidade de productos do que a xente necesita, isto provoca unha sobreprodución, para acabar con isto hai que  fomentar á xente para que compre cousas que non necesita.

-O desemprego: a introdución de novas máquinas provoca que haxa máis producto con menos persoas, isto provoca unha diminución dos postos de traballo.

-A fraude do tempo libre: o traballador ten dereito o seu tempo libre, pero cando esta cumplindo co seu tempo libre tamén fomenta a economía debido a industria do lecer: cines, restaurantes…

Fontes: libro de filosofía 1º bach

Esta entrada foi elaborada por Noelia Pena no curso 2013-14

 

Tags: , ,