Proba da anatomía comparada!

A evolución di que as especies foron sufrindo cambios e que todos provimos dun antepasado común.

Esta afirmación está contrastada cunha serie de probas, unha delas é  a proba da anatomía comparada.

Esta proba  estuda a anatomía dos animais e compara os órganos. Moitos deles teñen unha estructura moi parecida polo cal teñen que ter algo en común. As distintas especies mostran partes do seu organismo formadas baixo un mesmo esquema estructural, expoñendo así unha igualdade entre órganos ou similitude de parentesco, e por isto dedúcese que puideron ter unha orixe e desenvolvemento común durante un periodo de tempo.

Exemplo: as extremidades anteriores dos humanos, murciélagos ou balenas,comparadas entre elas son basicamente similares. Hai outros órganos homólogos que se chaman vestixiais, porque se manteñen presentes en cada xeración e con todo non realizan ningunha función ; por exemplo, nos seres humanos o coxis é un resto da cola e podemos atopar moitos outros órganos deste tipo.

  • Os Homólogos:  Demostrouse que o esquema estructural é o mesmo en diferentes organismo, como por exemplo as estremidades dos mamíferos.
  • Os Vestixiais: Son órganos que actualmente non se empregan pero que na antigüedade se empregaban como por exemplo a moa do xuízo

imagen

Darwin explicou como se pode comparar a morfoloxía de especies vivas e fósiles, o que nos da a posibilidade de comprobar os parecidos e as diferenzas.

Fontes de información:

http://www.virtual.unal.edu.co/cursos/medicina/mtria_morfo/evolucion/und_2/html/cont_5.html  - É unha páxina dunha Universidade de Colombia coa sede en Bogota

http://ocw.unican.es/ciencias-de-la-salud/anatomia-y-embriologia-humana-i/materiales-de-clase-1/Introduccion%20a%20la%20Anatomia%201.pdf  - É unha páxina web da universidade de Cantabria

http://e-ducativa.catedu.es/44700165/aula/archivos/repositorio//500/566/html/Unidad01/imagenes/28.jpg - A Imaxe é sacada dunha páxina web dun IES de Aragón.

Esta entrada foi elaborada por Luana Iglesias no curso 2013-14

 

Tags: ,