TEORIAS DA ORIXE DA VIDA

Fai case  100 anos, o bioquímico Aleksandr Ivanovich Oparin, propuxo a teoría sobre a orixe da  vida máis aceptada ata o momento. En 1924 revela a súa  teoría sobre a orixe da vida,  que dí,  que a vida orixinouse a partir da evolución química e gradual de moléculas basadas no carbono, a súa hipótese  chamouse Caldo Primordial,  e todavía hoxe é  considerada a hipótese  máis correta e válida, capaz de explica-la orixe da vida no noso planeta.

 As probas indican que a vida surdiu fai uns 3 500 millóns de anos. Esta proba adopta a forma de microfósiles e  estructuras rochosas antigas chamadas estromatolitos. Os estromatolitos están formados por microorganismos que forman delgadas películas microbianas que atrapan lodo. Co  tempo, as capas destos microorganismos e as do lodo vanse acumulando ata formar a estrutura rochosa de capas superpostas que é o estromatolito.

Hoxe en día, os microorganismos seguen formando estromatolitos,  parécense moito aos antigos, e mostran a mesma estrutura en capas formada por finas láminas de bacterias. No interior destas capas, as veces atópanse microfósiles de cianobacterias primitivas.

  Pero podemos seguir preguntándonos, ónde se orixinou a vida? As exploracións máis recentes indícanos que a vida orixinouse cerca dunha cheminea hidrotermal no  fondo do océano. As substancias químicas que se atoparon nesas chemineas,  e a  enerxía que proporcionan puideron alimentar as reaccións químicas necesarias para a evolución da vida. Utilizando secuencias de ADN de organismos actuais, os biólogos identificaron momentáneamente  como antepasado común de toda a vida a un microorganismo que puido vivir nun medio de altas temperaturas como as que se rexistran nunha chimenea hidrotermal.

 Esta teoría está lonxe de ser confirmada, xa que só é una teoría e probablemente nun  futuro cercano poidan surxir novas teorías que suxiran que a  vida orixinouse  en calquer outro lugar, pero mentras tanto,ésta é unha teoría tan válida coma calquer outra.

  5-teorIas-del-origen-de-la-vida-1.jpg

 fonte hidrotermal

Fontes de información:

                    http://www.ojocientifico.com/4358/5-teorias-del-origen-de-la-vida

                   http://www.sesbe.org/evosite/evo101/IIE2aOriginoflife.shtml.html

Esta entrada foi elaborada por Ana maría Fernández no curso 2013-14  

 

Tags: