IDH… novas formas de medir a pobreza.

 O índice de desenvolvemento humano (IDH) é unha forma de medir a pobreza. Para obter esta información tense en conta a alfabetización das persoas do país, a esperanza de vida e os ingreso (INB). O bo do IDH, é que non mide a magnitude do crecemento económico, sennón o desenvolvemento social, aspecto que afecta a 2/3 da poboación mundial.

Estes datos obtéñense ao cabo dun ano nun determinado país, e segundo os datos, faise unha comparación entre países vendo cales están máis desenvoltos e cales menos.Esta distribución apréciase na seguinte imaxe:

imagen

Imaxe sacada da páxina web “miradas de internacional” 

Este método de medida é moi interesante,  aínda que pouco coñecido, posto que a xente sóese fixar unicamente no poder adquisitivo das persoas, e medindo así a súa pobreza, cando existen outros factores máis empobrecedores que simplemente a capacidade económica.

Dende o meu punto de vista, penso que esta medición debería estar máis na conciencia das persoas e facer todo o posible para que estes datos de pobreza que hai no mundo desaparecesen, xa que 2/3 da poboación mundial vive por baixo do umbral de pobreza e é moi grave.

Fontes de información

Información sobre o IDH na páxina web UNDP

Información sobre os niveis de IDH nos diferentes países na web “datosmacro”

Para ampliar información: Libro de Texto Economía 1º BACH. Ed. Santillana. Ano: 2007

Esta entrada foi elaborada por Lara Rodríguez no curso 2013-14 

 

Tags: , ,