Un continente de lixo?

 imagen

 

O «gran parche de lixo do Pacífico», a «grande illa de lixo», a «gran sopa de plástico» ou o «sétimo continente», este vertedoiro marítimo ten unhas dimensións incribles.

Os xornais chámanlle “illa de lixo” a unha área do mar que ten unha maior concentración de plástico que o resto das augas do planeta. Parte do lixo son residuos tirados dende barcos pesqueiros ou plataformas petrolíferas e un 10% corresponde a redes de pesca rotas, pero a inmensa maioría da masa de desperdicios está composta por miles de millóns de diminutos anacos de plástico que flotan preto da superficie mariña.

Estímase que nas zonas ocupadas pola “illa de lixo” hai uns 5.1 quilogramos de plástico por quilómetro cadrado de mar. Pode parecer pouco, pero canto máis pequenos son os fragmentos nos que están repartidos estes cinco quilos, máis espazo poden ocupar.

 O plástico é menos denso que a auga e por iso flota preto da súa superficie, exposto á radiación solar. Ademais, non adoita ser biodegradable, pero si é moi sensible á luz e a radiación ultravioleta do sol, que rompe os enlaces químicos que o manteñen dunha peza e fraxiliza o material ata separalo en anacos máis pequenos e mesmo liberar algún composto tóxico durante o proceso.

Estes envelenan os peixes pequenos que os comen crendo que son plancto. e, á súa vez, intoxican os seus depredadores ao ser cazados. Os animais máis grandes, como as tartarugas mariñas ou os paxaros, sofren as consecuencias doutro xeito: tamén confunden o plástico con algún tipo de alimento pero, como non é dixerible, vaise acumulando nos seus estómagos ata que non queda sitio para a comida e o animal morre de ma lnutrición. As crías de albatros, por exemplo, inxiren grandes cantidades de plástico recollido polos seus pais no mar pensando que se trataba dalgún peixe e, polo mesmo principio que acabamos de explicar, morren de inanición cos estómagos cheos de plástico.

 

Por sorte, en 2009 empezáronse a organizar expedicións para estudar a situación e mesmo están a aparecer ideas para recoller todo o plástico aproveitando o movemento das propias correntes para desvialo cara a zonas recolectoras onde podería ser reciclalo con fins comerciais. Estímase que este sistema podería sacar do mar unhas 7 millóns de toneladas de plástico cada 5 anos pero, aínda que resulte un panorama algo máis esperanzador, non servirá de nada se de todas as maneiras segue chegando lixo ao mar.

As paxinas que utilicei foron:

 Ciencia de sofá

O periódico ABC 

Esta entrada foi elaborada por Mónica Álvarez Fernández no curso 2013-14

 

Tags: , ,