As probas da evolución.

A evolución biolóxica o proceso máis importante que afecta ó conxunto de seres vivos que habitan na Terra, e existen numerosas evidencias e probas que demostran que é un feito incuestinable. Estas probas proveñen de diferentes campos da ciencia como a paleotoloxía, a anatomía comparada, a xénetica, etc. Algunhas delas son:

  • As probas bioxeográficas, as cales encontrammos repartidas polo planeta e, que consisten na existencia de grupos de especies similares en diferentes puntos que están relacionados pola proximidade, situación ou características. O exemplo máis coñecido é o dos pimpíns nas Illas Galápagos, estudiados por Darwin.

    imagen

  • As probas paleontolóxicas. Os fósiles, permítennos coñecer os cambios en cada unha das especies.

     

    imagen

     

  • Probas anatómicas. Podemos observar en moitos animais como teñen unha estrutura básica similar, con órganos iguais (órganos homólogos). Isto débese a un antergo común.
  • As probas embriolóxicas, na cal se estudian os embrións dos vertebrados os cales nas primeiras fases da evolución son semellantes e van cambiando canto máis evolucionados están.

    imagen

  • Probas bioquímicas, as probas máis recentes, e con máis posibilidades. Con elas lévanse a cabo as comparacións de diferentes moléculas que dependendo do seu parecido teñen menos ou máis diferencias evolutivas entre elas.

Darwin, que foi quen, con Wallace demostrou con algunhas destas probas, a teoría da evolución.

Fontes:

Páxina sobre ciencia do ministerio de educación (proxecto biosfera):

 http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/4ESO/evolucion/5pruebas_de_la_evolucion.htm

Páxina  sobre ciencia na que falan sobre a evolución e as probas:

 http://e-ducativa.catedu.es/44700165/aula/archivos/repositorio//1000/1002/html/3_pruebas_de_la_evolucin.html

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Ana Martínez

 

Tags: , , ,