OS RAIOS X
Os Raios X foron descubertos no ano 1895 por Wilhelm Röntgen cando estaba realizando unha serie de experimentos cos que pretendía analizar a fluorescencia violeta dos raios catódico (correntes de electróns en tubos de vacío). Grazas a un resplandor amarelo verdoso deuse conta de que algo máis estaba pasando no seu experimento e decidiu recubrir o tubo con cartón negro. Cando fixo isto tamén puido ver que estes raios eran moi fortes e capaces de atravesar unhas capas de materia considerables e incluso metales lixeiros pero eran imperceptibles pola vista.
Seguiu investigando durante semanas e cando intentou fotografiar o seu descubrimento deuse conta de que este tipo de raios afectaba ao material fotográfico e os carretes saían velados e cando puxo a man entre o tubo que emitía os raios e a pantalla puido ver os osos da súa mán. A primeira radiografía que se coñece é a da mán da súa muller
FONTES:
Sobre Historia é un portal que se adica a redactar articulos sobre acontecemenos históricos.
Historias da Ciencia é un blogue que conta anécdotas sobre técnicos, científicos e curiosidades da historia.
Wikipedia. Enciclopedia virtual.
Foto 1: Foto sacada de Yo Visto
Foto 2: Foto sacada de Noticias con Historia
Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Marcos Iglesias
Tags: descubrimentos, raios x