Serendipia: a penicilina
En 1928, o investigador Alexander Fleming descubriu a penicilina, un acontecemento que cambiaría o curso da historia da mediciña. A penicilina foi un dos primeros antibióticos que se inventaron e tamén un dos máis utilizados en todo o mundo . Durante anos, grazas aos descubrimentos do seu creador, os antibióticos a base de penicilina salvaron a vida de millóns de persoas, razón pola cal esta invención constitúe unha das más importantes da historia.
Este descubrimento, que o investigador non deu a coñecer ata 1929, abriu as portas da revolución antibiótica. Moitas especialidades médicas non existirían hoxe se Fleming non encontrase nunha placa do seu microscopio un fungo bautizado como “Penicillium notatum”.
Fleming estaba traballando cunhas bacterias chamadas estafilococos dourados. Casualmente, descubriu que éstas eran destruidas por un fungo moi común orixinado pola descomposición de certas sustancias. Este científico británico descubriu, sen propoñelo, o poder bactericida deste fungo.
Fontes:
“Ciencias Naturales” Web con recursos para o estudio das Ciencias –>
“Ojo curioso” Artigo de Fernando Pino sobre a orixe da penicilina –>
http://curiosidades.batanga.com/2010/10/02/como-se-descubrio-la-penicilina
Fonte da imaxe: Wikipedia.
Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Laura Fernández
Tags: Fleming, Penicilina, serendipia