Fraude científico en clonación humana.

imagen

No ano 2004 un investigador coreano chamado Hwang Woo-suk fixo crer ao mundo que conseguira a primeira clonación de células nai de orixen humano. As revistas Science e Nature, unhas das mellores revistas científicas, publicaron o seu traballo, dándoo a coñecer. O tratamento de enfermidades como o parkinson, o alzhéimer ou a diabetes melloraría de forma notable gracias ao describrimento.
Woo-suk seguiu co seu engano e o goberno do seu país deulle millóns de dólares para que seguira coas súas investigacións. Por se fose pouco o goberno tamén o  puxo ó cargo do primeiro banco mundial de células nai.

                                                                       imagen

En 2005 os seus compañeiros acusáronlle de empregar células nai falsas para a súa famosa investigación descubrindo así o fraude. Hwang tivo que defenderse dalgunha forma e para iso dixo de forma moi segura que lograra producir once células nai de embrións humanos clonados dun paciente e que podería volver a facelo.O goberno decidiu que un comité científico debía verificar as investigacións do doutor. Os investigadores, algúns da mesma universidade de Woo-suk, atoparon graves fallos nos procedementos, probas simuladas e datos falsos. Tres laboratorios independentes confirmaron que a maior parte do material xenético empregado nas clonacións non coincidía co ADN do suposto donante. Nese momento o comité non tiña dúbida de que todo era un engano. Ademais o propio científico confesou que falsificara algúns dos datos das súas investigacións.

A Universidade de Seúl expulsouno e pechou o seu laboratorio. Un tribunal de Seúl condenouno a dous anos de cárcere por malversación de fondos e violación de leis bioéticas, pero non ingresou en prisión.

Este fraude científico, como calquera fraude, ten efectos negativos e un deles foi a prohibición por parte de Corea do Sur a investigar con células nai embrionarías ata marzo de 2007, momento no cal o Comité Ético Xenético surcoreano permitiuno de novo pero, coa condición de empregar só óvulos descartados de inseminacións artificiais. Outro efecto negativo foi o desprestixio das revistas Science e Nature, que se caracterizaban pola boa selección que realizaban das noticias que lles chegaban.

E por último pregúntome como se sentirían as persoas que padecían parkinson, alzhéimer e diabetes coas súas correspondentes familias despois de lles comunicar que as esperanzas que lles deran sobre cura desas enfermidades gracias ao descubrimento eran falsas e todo fora un engano.

Deixo un vídeo para que veades o proceso polo cal se obteñen células nai embrionarias a partir dunha fecundación in vitro realizada no laboratorio.

 

 

-Fontes de información:

 

Periódico dixital Abc na sección de ciencia, autor anónimo.

 

Entrada dun blog de e-ciencia.com feito por Alex Fernández Muerza.

 

Periódico dixital El mundo, apartado de biociencia, autor anónimo.

 

 

Imaxen do periódico dixital Abc.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Sara Gándara

 

Tags: ,