Caso serendipia

Unha serendipia é un descubrimento ou un achado afortunado e inesperado que se produce cando se está a buscar outra cousa distinta. Tamén pode referirse á habilidade dun suxeito para recoñecer que fixo un descubrimento importante aínda que non teña relación co que busca.

EXEMPLOS:

1. Viagra
2. LSD
3. Rayos-X
4. Penicilina

ARQUÍMEDES, O PRIMEIRO STREAKER

Arquímedes de Siracusa foi un físico, enxeñeiro, inventor, astrónomo e matemático grego. Aínda que se coñecen poucos detalles da súa vida, é considerado un dos científicos máis importantes da antigüidade clásica. Entre os seus avances en física encóntranse os seus fundamentos en hidrostática, estática e a explicación do principio da panca. É recoñecido por deseñar innovadoras máquinas, incluíndo armas de asedio e o parafuso de Arquímedes, que leva o seu nome. Considérase que Arquímedes foi un dos matemáticos máis grandes da antigüidade e, en xeral, de toda a historia. Morreu durante o sitio de Siracusa (214-212 a. C.), cando foi asasinado por un soldado romano.

Arquímedes conta como inventou un método para determinar o volume dun obxecto cunha forma irregular. Hierón II ordenou a fabricación dunha nova coroa con forma de coroa triunfal, e pediulle a Arquímedes determinar se a coroa estaba feita só de ouro ou se, pola contra, un ourive deshonesto lle agregara prata na súa realización. Mentres tomaba un baño, notou que o nivel de auga subía na bañeira cando entraba, e así deuse conta de que ese efecto podería ser usado para determinar o volume da coroa. Ao dividir o peso da coroa polo volume de auga desprazada poderíase obter a densidade da coroa. A densidade da coroa sería menor que a densidade do ouro se outros metais menos densos lle tivesen sido engadidos. Cando Arquímedes, durante o baño, se decatou do descubrimento, dise que saíu correndo nu polas rúas, e que estaba tan emocionado polo seu achado que esqueceu vestirse.

                                                           

Fontes:

Texto sobre o caso de Arquímedes, o primeiro streaker: https://es.wikipedia.org/wiki/Arqu%C3%ADmedes

Imaxe Arquímedes de Sirasuca: ciencias3benitojuarez.blogspot.com.es

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Alicia Bouza

 

Tags: ,