Enerxía solar fotovoltaica espacial.

A enerxía solar fotovoltaica é unha forma de obtención de enerxía eléctrica a través de paneis fotovoltaicos.

Os paneis fotovoltaicos están formados por numerosas celas que converten a luz en electricidade. Os materiais para as celas solares soen ser silicio cristalino ou Arsenio de galio. Deben a súa aparición á industria aeroespacial, e convertéronse no medio máis fiable de subministrar enerxía eléctrica a un satélite ou a unha sonda nas órbitas interiores do Sistema Solar, gracias a maior irradiación solar sen o impedimento da atmosfera e a súa alta relación potencia a peso.

O término “fotovoltaico” comezouse a usar no Reino Unido no ano 1849. O efecto fotovoltaico foi recoñecido por primeira vez uns dez anos antes, en 1839, polo físico francés Alexandre-Edmond Becquerel, pero a primeira célula solar non se fabricou até 1883. O seu creador foi Charles Fritts, quen recubriu unha mostra de selenio semicondutor con pan de ouro para formar a unión. Este primitivo dispositivo presentaba una eficiencia menor do 1%, pero demostrou de forma práctica que, efectivamente, producir electricidade con luz era posible.

Os estudos realizados no s. XIX por Michael Faraday, James Clerk Maxwell, Nikola Tesla y Heinrich Hertz sobre indución electromagnética, forzas eléctricas en ondas electromagnéticas, e sobre todo os de Albert Einstein en 1905, proporcionaron a base teórica ao efecto fotoeléctrico, que é o fundamento da conversión de enerxía solar a electricidade.

imagen   Edmond Becquerel.

A primeira nave espacial que usou paneis solares foi o satélite norteamericano Vanguard 1, lanzado en marzo de 1958. En 1959, Estados Unidos lanzou o Explorer 6. Poucos anos despois, en 1962, o Telstar se converteu no primeiro satélite de comunicacións equipado con células solares, capaces de proporcionar unha potencia de 14 W. A partir de 1971, as estacións espaciais soviéticas do programa Salyut foron os primeiros complexos orbitais tripulados en obter a súa enerxía a partir de células solares, acoladas en estruturas ós laterais do módulo orbital, o igual que a estación norteamericana Skylab, poucos anos despois.

imagen

Non obstante, as aplicacións fotovoltaicas nos satélites espaciais continuaron o seu desarrolo. A tecnoloxía fotovoltaica, se ben non é a única que se utiliza, segue predominando a principios do s. XXI nos satélites de órbita terrestre.

Fontes utilizadas:

Sitiosolar.com. Páxina web na que só hai temas relacionados coas enerxias renovables, é unha empresa que vende produtos relacoinados con eses temas. http://www.sitiosolar.com/la-historia-de-la-energia-solar-fotovoltaica/

 http://www.inega.es/descargas/publicacions/59-d-EnerxiaSolarFotovoltaicaGalicia.pdf Esta, é unha páxina oficial de Galicia, na que se colgou informacoin sobre ese tema. Autor descoñecido.

Imaxes: 1ª-wikipedia;  2ª- ecologismo.com

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Lucia Grandal

 

Tags: , ,