Fraude Científico.

Hwang Woo-Suk é un científico surcoreano que é considerado por moitas persoas o científico líder na investigación no campo das células nai a pesar da súa falsificación sobre a clonación de embrións humanos. Naceu na provincia de Chungcheong Sur (corea do sur) en 1953. Hwang era profesor do Departamento de Therioxenoloxía da Universidade Nacional de Seúl. Está licenciado en veterinaria e especializouse na reprodución animal coa idea de aplicar a Biotecnoloxía.

A fraude comezou en 2004 cando un equipo de científicos de Corea do Sur dirixido por Hwang Woo-Suk anunciaba conseguir por primeira vez na historia a clonación con éxito de embrións humanos e oobter células nai deles. A investigación comezou a ser sospeitosa e partir de 2005 e confirmouse que fora unha fraude.

A fraude descubriuse grazas á Comisión de Investigación da Universidade de Seúl que encontrou serias deficiencias nos procedementos levados a cabo por Hwang. Grazas á investigación e á análise realizada por tres laboratorios confirmouse que Hwang Woo-Suk falsificara os resultados dos seus experimentos e que nunca existiron tales células nai. Tras descubrirse a mentira, o mesmo Hwang admitiu falsificar  algúns datos.

As consecuencias desta fraude foron o grande escándalo na comunidade científica e na opinión pública mundial, danou a reputación da revista “Science“.

 imagen

Webgrafía :

1. ABC.es. Xornal dixital.Artículo escrito por Israel Viana periodista do xornal ABC

http://www.abc.es/ciencia/20130516/abci-engano-clonacion-humana-hwang-201305161024.html

 2. Enciclopedia libre, políglota y editada colaborativamente.

Wikipedia.org

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Eduardo Fortes

 

Tags: ,