O deseño intelixente

O deseño intelixente é a corrente que sostén que a orixe do Universo, da vida e do home, son o resultado de accións  emprendidas de forma deliberada por un ou máis axentes intelixentes.

O deseño intelixente é considerado pola comunidade científica só coma unha xustificación a posteriori da crenza nun creador determinado (Deus nas relixións monoteístas), presentada coma unha versión de creacionismo contemporáneo anti-evolución que trata de buscar a respetabilidade intelectual que o creacionismo clásico non foi capaz de obter.

Esta pseudociencia utilízase na educación estadounidense para introducir a relixión e a súa teoría creacionista, xa que neste país está prohibido impartir clases de relixión nos centros educativos.

Na miña opinión non se debería empregar unha “ciencia” para introducir unha relixión nos centros educativos, xa que isto é para o que se está utilizando o deseño intelixente.

imagen

Imaxe de Wikipedia

 http://axisvega.wordpress.com/about/ diccionario online

http://www.sinapsit.com/evolucion/creacionismo-y-diseno-inteligente/  blogue de divulgación científica

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Lois Gómez

 

Tags: ,