Darwin, Neodarwinismo e a teoría sintética.

A teoría da evolución biolóxica mediante a selección natural exposta por primeira vez por Charles Darwin no ano 1859 é probablemente a idea máis revolucionaria en canto a historia do pensamento humano se refire.

-Evolución e selección natural:

Aínda que os termos de selección natural e evolución aparecen normalmente ligados ambos non teñen nada que ver o un co outro.

Darwin defendía que as especies que se atopan na terra na actualidade non son máis que a descendencia con modificación das súas especies predecesoras.

Nos ao igual que calquera chimpancé da actualidade compartimos antepasados fai máis ou menos cinco millóns de anos. Se nos paramos a pensar todos temos un antecesor común con calquera bacteria existente, aínda que o tempo deste antecesor sexa moito maior co exemplo anterior.

No tempo de Darwin as especies considerábanse entidades fixas e inmutables. As diferencias na forma, na conduta, ou na fisioloxía dos organismos dunha especie non son mais imperfeccións, errores na materialización ou na idea da especie.

Darwin pensaba que a única realidade é a variación das especies, isto é, non existe un color de pel predeterminado na especie humana e cada persoa coa súa variación característica é un elemento esencial da nosa sociedade.

-Neodarwinismo

A síntese evolutiva moderna (neodarwinismo) significa polo xeral a integración da teoría evolutiva por selección natural de Darwin coa teoría xenética de Gregos Mendel como base da herdanza biolóxica, a mutación xenética aleatoria como fonte de variación e a xenética de poboacións matemáticas.

É certamente difícil para un non-biólogo distinguir entre a conrriente do Neodarwinismo inicial e a Teoría Sintética da evolución, ésta e unha continuación da anteior, o igual que o Neodarwinismo a Teoría Neodarwinismo era a continuación da Teoría de Darwin como o seu propio nome indica.

-Os principios modernos da selección natural

Para a comunidade científica actual, no xeral, a selección natural é a reprodución diferencial dunhas variantes xenéticas respecto das outras.

Podemos definila máis rigorosamente como o proceso que se da nunha poboación de entidades biolóxicas cando se compren as tres condicións seguintes:

  1. Variación fenotípica entre os individuos dunha poboación, isto consiste en que nos individuos dunha poboación se presentan diferenzas na súa forma ou conduta.
  2. Eficacia biolóxica diferencial asociada a variación, e dicir, os fenotipos variantes están asociados a unha maior reprodución.
  3. A herdanza da variación, require que esta variación se deba polo menos a unha variación xenética subxacente que permita a variación dos fenotipos seleccionados na seguinte xeración.

Como se pode observar as diferenzas entre a idea inicial de Darwin sobre a selección natural e as ideas actuais, radican principalmente en que a selección natural non está relacionada cos individuos máis adaptados nin cos máis fortes senón cos que teñen mellor capacidade de descendencia.

imagen

Imaxe sacada de Wikipedia

Fontes de información:

http://www.profesorenlinea.cl/Ciencias/Seleccion_natural.html 

Páxina educativa chilena.

https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada

 Enciclopedia libre en línea de libre escritura.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Telmo Barbosa

 

Tags: , , ,