Teoría do creacionismo
A teoría creacionista ou fixista tenta explicar a orixe de todo na vontade de Deus. É contraria á teoría evolutiva, xa que considera que animais, humanos e plantas sempre foron da mesma forma, negando posibles cambios evolutivos.
As persoas que se adhiren a esta doutrina son chamados creacionistas. Son aquelas persoas, científicos ou non, que cren que a Terra, e en xeral o sistema solar e o resto das estrelas do Universo, foi creada por Deus en seis días e fai non máis de 10000 anos, aproximadamente.
Basicamente hai dous grupos de creacionistas:
- os monocreacionistas, que sosteñen que Deus só fixo unha creación, que as especies son inmutables e que os fósiles son simples pedras.
- os policreacionistas, que ante a insostenibilidad de que un esqueleto enteiro dun dinosauro, mostrando todos os ósos, poida ser considerado un “capricho da Natureza”, interprétanos sostendo que Deus fixo varias creacións, eliminando a todos os seres vivos do planeta mediante grandes catástrofes. A última sería o diluvio universal.
O creacionismo destácase principalmente polos «movementos antievolucionistas», tales como o deseño intelixente, cuxos partidarios buscan substituir ou polo menos contrarrestar o ensino da evolución biolóxica nas escolas e universidades por unha «causa intelixente», argumentando que existe un debate científico sobre a cuestión. En contraste con esta posición, a comunidade científica sostén a conveniencia de diferenciar entre o natural e o sobrenatural, de forma que non se obstaculice o desenvolvemento daqueles elementos que fan ao benestar dos seres humanos.
Aínda que esta teoría pode explicar de forma simple, e tamén pouco precisa, por que os humanos sempre tivemos a mesma forma ou como sucedeu a Era de Xeo, segue sen explicar o paso máis importante de todos: como Deus creou todo? Con todo, adóitase xustificar que nós non temos o dereito a saber como fixo todo o Creador.
A teoría creacionista adoita ter máis adeptos que detractores. Máis da metade das persoas en Estados Unidos cren que Deus creou ao home, e que ademais ó fixo coa mesma imaxe corporal e os mesmos trazos evolutivos que temos agora, fai aproximadamente dez mil anos.
Na miña opinión ciencia e relixión non deben competir. A evolución non debe competir coas crenzas relixiosas xa que son temas totalmente diferentes que non se superpon.
Fontes:
Fonte da imaxe: Sinapsit.com Páxina científica, cultural e tecnolóxica http://www.sinapsit.com/wp-content/uploads/2012/11/image29.png
Wikipedia. Enciclopedia online. http://es.wikipedia.org/wiki/Creacionismo
Biology Cabinet. Páxina dedicada a investigación científica . Artículo Didáctico escrito por Nasif Nahle Sabag, Wendy Noriega, Tony Landeros, Adip Said, S. Britto y Giovanni Rizzo. http://www.biocab.org/Creacionismo.html
Ojo curioso. Páxina web dedicada as diferentes ramas da ciencia e do coñecemento. Artículo publicado por Lucia Vázquez. http://curiosidades.batanga.com/2011/05/29/teoria-creacionista-o-fijista
Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Christopher Vázquez
Tags: creacionismo