A teoría de Lamarck

 

imagen

Jean Baptiste de Lamarck naceu en 1744 en Bazetin-le- petit.Empezou no exército moi novo, pero deixouno por unha ferida no pescozo. Así que decidiu estudar medicina, pero nunca chegou a practicar. Lamarck empezou a meterse no mundo da botánica, xa que nese tempo a botánica estaba moi ligada á medicina. Non tardou en escribir un libro sobre a clasificación das especies, chamado “Flora de Francia”.

Grazas ao prestixio obtido co seu libro elixírono membro da Academia Francesa de Ciencias, obtendo un posto no Museo de Historia Natural. En 1973 pasou a ser profesor da área de insectos e vermes, departamento que logo el renomeou como zooloxía de invertebrados.

Lamarck escribiu sobre: invertebrados, meteoroloxía, química e hidroloxía, pero polo que é máis coñecido é pòla súa teoría da evolución, que expuxo no libro Filosofía Zoolóxica (1809).

Segundo Lamarck, os órganos adquírense ou pérdense como consecuencia do uso ou desuso, e os caracteres adquiridos por un ser vivo son herdados polos seus descendentes. Desta maneira un herbívoro que estire o pescozo para alcanzar as ramas altas, logrará que este se alongue, e tras varias xeracións transmitindo esta característica aos seus descendentes teríamos unha xirafa. Para Lamarck o principio que rexe a evolución é a necesidade e o desexo.

Diversas circunstancias fixeron que Lamarck perdese prestixio e a posición científica adquirida:  nunca expuxo con claridade nin razoou de forma coherente os seus sobrevalorados argumentos, subestimou as súas deficiencias, utilizou unha linguaxe presuntuosa; e gañouse a enemistade de importantes adversarios.

Lamarck morreu só, cego e empobrecido aos 85 anos (1829).

Webgrafía:

  1.  Educarm.es: É unha paxina da Conselleria de Educación, Cultura e Universidades da rexión de Murcia.
  2. www.sobiologia.com.br: Páxina educativa portuguesa, que vende produtos educativos e didácticos.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Eduardo Fortes

     

    Tags: ,