A teoría do lamarckismo

A primeira teoría sobre a evoluvión, coñecida como transformismo ou lamarckismo, foi proposta polo naturalista Jean Baptiste de Lamarck.

Lamarck pensaba que unhas especies se transforman noutras de maneria continua ao londo do tempo. A súa teoría baseábase nestes puntos:

  • Os organismos mostran una tendencia cara á complexidade. Os organismos evolucionan desde formas simples a formas complexidade.
  • O uso repetido dun órgano produce o seu desenvolvement. Os cambios que se producen no medio fan que os seres vivos se adapten ao medio modificando certos órganos en función do seu uso o desuso. A función crea o órgano e o seu desuso produce dexeneración. Desta forma, os caracteres orixinais van sendo substituídos lentamente por unha seria de caracteres adaptativos ou caracteres adquiridos.
  • Os caracteres adquiridos son herdables. As modificacións inducidas polo ambiente, que un organismo adquire durante a súa vida, poden transmitirse á descendencia. Debido a isto a teoría de Lamarck tamén é coñecida como a teoría da herdanza dos caracteres adquiridos.

Cos coñecementos actuais sobre a xenética sábese que a teoría de Lamarck é incorrecta, xa que só se transmiten á descendencia os caracteres existentes nos xenes.

Bibliografía:

- Libro de bioloxía e xeoloxía, 4ºESO, editorial Santillana.

Webgrafía:

http://www.todabiologia.com/dicionario/lamarckismo.htm

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Dario Serodio

 

Tags: