A orixe das especies. Darwinismo.
O Darwinismo é unha proposta que fixo Charles Darwin, xunto con Alfred Wallace, no século XIX sobre a orixe das especies. Darwin recorreu América do Sur, Australia e África nunha viaxe en barco que durou 5 anos na que observou as diferentes variacións das especies, como por exemplo: o peteiro dos pinzóns. Despois da viaxe e das observacións escribiu un libro titulado A orixe das especiese máis tarde escribiu outros libros sobre a evolución do ser humano.
Charles Darwin foi o primeiro en ver a “evolución” como un proceso no que as variacións e a selección natural fixeron que os individuos sobreviviran ou desapareceran.
Na viaxe que fixo Charles aos 22 anos de idade e que durou 5 anos recolleu moita información para realizar a súa teoría. Nas Illas Galápagos, de orixe volcánica no océano Pacífico, encontrou numerosas probas que foron claves para a realización da teoría. Esta foi a ruta que fixo nesta viaxe.
A teoría da evolución por selección natural ou Darwinismo pódese resumir en:
- Entre organismos existe unha loita pola supervivencia. Os recursos do medio, como por exemplo o espazo e o alimento, son limitados. Se nacen máis individuos dos que poden sobrevivir, entre eles prodúcese unha loita polos recursos.
- Entre os individuos dunha poboación existe variabilidade. Os individuos dunha mesma especie que forman unha poboación non son iguais na súa totalidade e pode haber diferenzas entre eles, como por exemplo o tamaño.
- O medio selecciona os individuos mellor adaptados. Nunha poboación os individuos que presenten unha variación ou mutación vantaxosa para un ambiente determinado terán unha maior probabilidade de sobrevivir e reproducirse que os que non a mostren.
A selección natural actúa sobre as variacións aleatorias que se producen nos individuos. Se as condicións so medio se manteñen sen cambios durante moito tempo, aqueles individuos con variacións vantaxosas que lles dean unha mellor adaptación ao medio, sobrevivirán máis, reproduciranse máis e transmitirán os cambios á descendencia. Polo contrario, os individuos con variacións desvantaxosas terán menos probabilidade de sobrevivir e, polo tanto, de reproducirse. Desta maneira, pouco a pouco, de forma continua e gradual, as especies van cambiando.
Na actualidade esta teoría está aceptada, mais na época na que vivía Darwin isto xerou controversias importantes e debates relixiosos, pois o libro que Darwin escribiu non tiña nada que ver coa teoría creacionista. Supoño que moita xente púxose en contra del e da súa teoría, el sabía que iso pasaría pero iso non o freou. Ti que farías? Sacarías a túa teoría á luz sabendo a polémica que xurdiría?
- Fontes de información:
Libro de bioloxía de 4º ESO. Tema de evolución. Autor: Alejandro Romero Abelló.
www.elorigendelhombre.com. Autor: Germán y Francisco Domingo.
Imaxe de histogeomapas.blogspot.com.es.
Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Sara Gándara
Tags: Darwinismo, evolución