A teoría da Panspermia.

 Esta teoría plantexa que é posible que a vida se orixinara noutro lugar do universo e chegara á Terra mediante impactos de meteoritos e cometas. Xa que se sabe que as bacterias poden sobrevivir en condicións extremas e esta probado que poden habitar no espacio exterior durante un certo período de tempo. Debido a isto pénsase que a vida procede de Marte , xa que houbo unha serie de impactos na Terra de fragmentos de rocha procedentes dese planeta.
O máximo defensor de esta teoría foi o sueco Svante Arrhenius, que pensa que unha especie de esporas e bacterias viaxan polo espacio `sembrando´ vida se se encontran as condicións necesarias. Di que viaxan en fragmentos de asteroides e no polvo estelar, impulsadas polas radiacións.

Os expertos pensan que as bacterias poden sobrevivir a extremas condicións dun viaxe interplanetario, a temperatura, a radiación cósmica e a aceleración.Incluso sobrevivir á entrada na atmosfera.
A panspermia ten dúas versións:

  1. A panspermia dirixida. A vida propagase polo universo mediante bacterias moi resistentes que viaxan a bordo dos cometas.
  2. A panspermia molecular. Cre que o que viaxa polo espazo non son bacterias, senon moléculas orgánicas complexas. Estas, ao aterrizar na Terra mesturáronse coa sopa primordial e iniciáronse reaccións químicas que deron lugar á vida.

Se esta teoría é certa, a `semente´ da vida estaría viaxando polo espazo e a vida podería estar sembrandose noutro lugar do universo.

Fontes de información:

Astromia.com é unha paxina sobre a astronomía e a historia do universo.

El origen del hombre.com é un blogue personal que divulga a historia da evolución e a historia do home.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Cristian Lamas

 

Tags: ,