Proba da distribuición xeográfica
O estudo da distribución xeográfica das especies achegou unha das primeiras probas da evolución. Moitos organismos da mesma especie, ou especies moi parecidas, presentan unha área de distribución descontinua e están separados ás veces por enormes distancias. Ao analizar a distribución das especies actuais no planeta, compróbase que non se distribúen en todos os continentes, a pesar que haxa hábitats apropiados para o seu desenvolvemento. Isto explícase evolutivamente considerando que era necesaria, para iso, a colonización ou chegada de exemplares a certas zonas, pero impedírono as barreiras xeográficas (océanos, mares, montañas…) ou a ineficacia dos seus mecanismos de dispersión ou locomoción.
En Australia, os marsupiais constitúen un dos exemplos típicos de distribución que só é comprensible desde o punto de vista evolutivo. Actualmente, están distribuídos case exclusivamente alí. Con todo, están amplamente representados no rexistro fósil. Isto explícase se se ten en conta que os marsupiais apareceron antes que o resto dos actuais mamíferos, os cales ao ser máis eficientes acabaron por substituílos. En Australia, que se separou do continente euroasiático, ao non sufrir a competencia do resto de mamíferos, prosperaron amplamente.
Os pimpíns que Darwin observou nas Galápagos, por exemplo, son unha proba máis das adaptacións evolutivas independentes a partir dos seus antecesores locais, dada a imposibilidade de migración desas especies.
Fontes de información:
Carpeta pedagóxica. Plataforma educativa peruana de recursos dixitai
Portal educativo de Ciencias Naturais e Aplicadas
Libro: Ciencias para o Mundo Comtemporáneo, 1º Bacharelato, editorial Anaya, publicado no 2008.
Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Natalia Faro