Serendipia, a viagra.

Segundo unha investigación do programa sobre temas científicos da BBC Horizon, incluso a Viagra, a droga que máis se vende no mundo, non é usada co propósito orixinal. Comezou orixinalmente para o tratamento de anxina de peito, un problema cardíaco que afecta os vasos sanguíneos que levaban o sangue ó corazón. A compañía farmacéutica Pfizer buscaba na realidade un fármaco que permitise relaxar estes vasos, pero as probas non deron resultados positivos.

Pfizer estaba a punto de abandonar as probas cando os voluntarios que se someteron a estas comezaron a reportar un efecto secundario inusual: moitas ereccións. Chris Wayman, un dos científicos da empresa, estivo a cargo da investigación. Wayman creou un “home modelo” no laboratorio: nunha serie de probetas, colocou substancias inertes e tecido do pene dun hombre impotente.

imagen

Cada porción de tecido estaba conectada a unha caixa que, activada mediante un interruptor, enviaba un impulso eléctrico. A primeira vez que fixo isto non pasou nada, pero unha vez que agregou a Viagra as probetas que contiñan os tecidos, os vasos sanguíneos nestes  relaxábanse, como sucede cun home cando ten unha erección.

“O interesante disto é que a capacidade de erección  restaurábase. Así que estabamos fronte a algo moi especial”, sinala Chris Wayman. Antes do lanzamento da Viagra en 1998 non había tratamento oral para a impotencia. Agora, grazas a un fracasado tratamento para a anxina de peito, os homes teñen outras opcións. Viagra é unha das drogas máis receitadas do mundo.

Webgrafía:

http://serendipialiceo.blogspot.com.es/2013/05/la-viagra.html

Publicado por Andrés Rodriguez, o cal é profesor de bioloxía.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Dario Serodio

 

Tags: ,