SERENDIPIA: O POST-IT
En 1970 o químico Dr. Spencer Silver estaba traballando no desenvolvemento dun pegamento forte nos laboratorios de investigación 3M, pero só conseguiu fabricar un tipo de pegamento moi débil e pareceulle un invento inútil polo que non lle deu uso.
Catro anos despois en 1974 un amigo do Dr. Spencer, Arthur Fly, que cantaba nun coro tivo unha brillante idea. Sempre utilizaba puntos de libro para marcar as páxinas do libro das cancións do coro, pero sempre se caían polo que un día ocorréuselle coller o pegamento de Spencer e aplicalo a uns papeis e descubriu que xa non se movían nin caían. Fry trasladou a súa idea aos seus superiores en 3M que se resistiron nun principio, pero que finalmente apoiaron totalmente o desenvolvemento do novo producto. A compañía tardou cerca de cinco anos en perfeccionar a idea e en escalar o seu proceso productivo. En 1980, 3M finalmente se lanzaron as notas Post-It .
Imaxe sacada de: http://www.123freevectors.com
Fontes de información:
Xperimania , é unha páxina de divulgación científica.
http://www.buenastareas.com/ páxina web de divulgación con artigos elaborados por estudantes universitarios.
Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Sara Álvarez
Tags: post-it, serendipia