O NEODARWINISMO

O termo neodarwinismo foi acuñado por George Romanes a finais do século XIX para referíase á escola panseleccionista de Wallace e Weismann: fronte a Darwin, que admitira unha pluralidade de mecanismos evolutivos, os neodarwinistas defendían a exclusividade da selección natural como mecanismo do cambio orgánico. Enfrontábanse así cos neolamarquistas, que avogaban pola lei lamarquista do uso e o desuso. Na actualidade o termo neodarwinismo asóciase á síntese evolutiva moderna dos anos 1930.

imagen

A Teoría da evolución de Darwin pode ser vista como un caso especial da Teoría da conservación do estable. Esta tautoloxía establece que o que existe tenderá a seguir existindo. Isto non é máis que unha versión das leis de Newton.

O neodarwinismo di que, pódese considerar que un organismo poderá continuar existindo mentras exista outro organismo que sexa a súa réplica exacta; e xurdirá a evolución. Isto débese a que a herdanza ou replicación depende de tres factores: a lonxevidade, a fidelidade da copia e a fecundidade. En concreto, os erros nas copias iranse acumulando sucesivamente. En termos xerais, os individuos e as especies non pretenden evolucionar: a evolución é o efecto colateral da falla de completa fiabilidade no proceso de copia e a diferente capacidade de adaptación provocada por eses erros de copia.

A teoría canónica do Neodarwinismo establece que as mellores ou peores adaptacións xenéticas dos individuos determinarán o resultado da evolución, non só dos individuos en particular senón das especies en xeral.

Fontes de información:

Laevolución:  http://laevolucionsp.weebly.com/neodarwinismo.html  páxina de uso educativo (propietario anónimo).

Lospeliagudos : http://lospeliagudos.wordpress.com/wilfredo/ é un blog de alumnos de 1º de bacharelato.

Imaxe de www.uccroline.com

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Lucia Grandal

 

Tags: ,